Presentado o programa electoral do Partido Popular. moderado, razoable e útil

Reproduzo aquí un resumo das propostas que o Presidente Rajoy anunciou  onte en Barcelona durante o acto de presentación do novo programa electoral do Partido Popular:

- Durante 4 anos estarán exentos os primeiros 500 €de cotización dos novos contratos indefinidos e dos temporais que se convertan en fixos. - Todo aquel que atope o seu primeiro emprego non pagará IRPF o primeiro ano.

- Os parados de longa duración que inicien un negocio non pagarán IRPF os dous primeiros anos. 

-Cando unha peme creza e reverta os seus beneficios podera duplicar, ata 10 puntos, a súa rebaixa no Imposto de Sociedades. 

- Estenderemos a tarifa plana de autónomos, e quen inicie un negocio pagará só 50 € ao mes durante o primeiro ano. 

- Ampliaremos o cheque de 1.200 € para que se poidan beneficiar tambie?n os contribuíntes discapacitados e os seus conyuges. 

- Outorgaremos a condición de Familia Numerosa de Categoría Especial a partir do cuarto fillo.
 - Crearemos o bono novo con tarifas especiais no AVE. 

- Poñeremos en marcha un Plan de Apoio á Maternidade, con axudas de ata 2.000  € ao ano. 
-Promoveremos que a xornada laboral termine ás 18 horas. 

-Garantiremos as pensións para que suban agora e no futuro, recoñecendo además á  maternidade cun complemento específico.

 - Quen traballe máis  alá da xubilación  non pagará IRPF. 

- Todos os pacientes recibirán unha atención sanitaria pública da máxima calidade, con independencia da CCAA na que vivan, e dando unha especial atención  ás zonas rurais. 

- Apostaremos pola liberdade de elección das familias. Seguiremos apoiando á educación pública, incluída a concertada. 

-Impulsaremos un plan de fomento do bilingüismo  para que en dez anos a metade dos centros públicos sexan bilingües.

 - A partir do próximo  curso empece a funcionar un teléfono o contra o acoso escolar.

 - Incrementaremos as bolsas ao estudo ata máximos históricos.Traballaremos para que as taxas sexan homoxéneas co fin de que os estudantes non teñan que pagar máis nunhas CCAA que noutras. 

- Defendemos a unidade de España como nación de cidadáns libres e iguais. So pactarémos cos que defendan estes principios. 

-Promoveremos unha reforma electoral para que goberne a lista máis votada no ámbito municipal e comprometémonos a respectar o costume de que so forme goberno a opción máis votada.

- Baixaremos 2 puntos do IRPF a todo o mundo: o mínimo do 19% ao 17%, e o máximo do 45% ao 43%, e melloraremos os o mínimos persoais e familiares exentos.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.