De campaña en Ceboliño e Xinzo de Limia

Hoxe domingo continuóu a nosa campaña electoral con presencia primeiro en Mariñamansa, e neste barrio ourensán recorremos varías rúas facendo reparto da propaganda electoral.

Logo no pobo de Ceboliño  celebramos un mitin no que participou Amelia Belmonte, presidenta deste Distrito, a candidata Belén Gómez, o alcalde Jesús Vázquez e o Consellero de Facenda Valeriano Martinez.

Na miña intervención dixen que necesitamos concentrar o voto de todas as persoas moderadas: de todos os que queren seguir vivindo nunha España que defenda e respecte a liberdade de todos; dos que apoian o libre mercado e a iniciativa privada; de todos os que están orgullosos do traballo ben feito, admiran aos emprendedores e queren legar unha España mellor aos seus fillos e aos seus netos.

Pedimos o voto a todas as persoas moderadas que queren seguridade, tranquilidade, certidumbre e estabilidade. Temos que aglutinar o voto de todos os que queren un Goberno prudente e solvente, de persoas con experiencia nas que se poida confiar. Non podemos instalar a España na incerteza permanente.

Pedimos o voto a todas as persoas moderadas que queren que España siga crecendo e creando emprego. A todos os que non queren volver ás aventuras que levaron a España a bordo do rescate e á destrución masiva de postos de traballo. A todos os que queren un Goberno seguro e capaz.

Pedimos o apoio a todos os moderados, aínda que non votasen antes ao PP porque a división do voto só beneficia aos extremistas de Podemos. Só o Partido Popular pode acreditar que nunca, en ningún Concello nin Comunidade Autónoma, pactou cos extremistas de Podemos. Outros si o fixeron e están dispostos a volver facelo. O risco é moi alto. Se dividimos o voto, gobernará Podemos.

Pola tarde recibimos en Ourense ao presidente do PPdeG e da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoó, que estivo primeiro en Xinzo de Limia e logo en Verín.

No capital limiá,  mantivemos un encontro coa xunta local e militantes, ademais de percorrer diversas zonas da vila. 



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta



Con la tecnología de Blogger.