lunes, 20 de junio de 2016

Feijóo: “A mellor política social é a que facilita o crecemento das empresas e busca crear postos de traballo”

Hoxe en Ourense o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que, mentres algúns buscan sacar rédito político da pobreza e cren que acaban de inventar a loita contra a exclusión, o PPdeG leva moito tempo loitando contra ela e axuda ás familias que o pasan mal.

Así se expresaba nun acto sectorial con entidades sociais advertiu que Galicia pide cooperación pero esixe tamén que ninguén pretenda monopolizar a loita contra a pobreza para obter réditos políticos. celebrado esta mañá en Ourense, onde asegurou que Galicia ten un obxectivo claro: lograr que toda a poboación se beneficie da recuperación económica. Algo que, como sinalou, conseguirase a través da implicación das empresas, das Administracións locais, e das entidades sociais, nun movemento a prol da inclusión social coordinado e encabezado pola Xunta. 

Nesta liña, Feijóo advertiu que Galicia pide cooperación pero esixe tamén que ninguén pretenda monopolizar a loita contra a pobreza para obter réditos políticos. 

Segundo o líder do PPdeG, a Xunta asumiu desde o principio as súas responsabilidades neste eido e materializou o seu apoio a través de actuacións como a Axenda Social Única, á que se adheriron a Fegamp e a Rede Galega de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social. 

Como engadiu, este documento demostra que os empresarios, os activistas es os políticos galegos saben aparcar as diferenzas para traballar xuntos cando hai tanto en xogo. “E para min, nada é tan importante, nada é tan prioritario, como lograr que ningunha familia galega o pase mal por motivos económicos”, subliñou.

Por este motivo, sinalou que o Goberno dos populares galegos, malia contar nos últimos anos cunhas contas máis reducidas, destinou ao eido da inclusión social un 50% máis do que investía o Goberno bipartito: “Soubemos entender que é nos tempos complicados cando resulta máis importante axudar a quen está en situación de risco”, aseverou.

Do mesmo xeito, a Xunta destina a axudas a concellos e entidades 11,1 millóns de euros para promover a inclusión social, máis do dobre do que se destinaba en 2009; destina ás Axudas de Inclusión Social 4,5 millóns de euros, un 55% máis que hai sete anos; e destina á Renda de Inclusión Social de Galicia (Risga) 53 millóns de euros, fronte aos 22 millóns que se dedicaran a este fin en 2009. 

“Con estes fondos, garantimos unha renda mínima para unhas 14.000 persoas que están en situación de exclusión social”, destacou o presidente do PPdeG.

No que atinxe ás Risgas, Feijóo quixo destacar tamén un dato que convida ao optimismo, posto que o número de novas solicitudes destas axudas reduciuse desde 2013 e, de feito, na actualidade hai un 15% menos de persoas que piden a Risga das que había no ano 2009.

Así mesmo, o líder dos populares galegos puxo en valor outras medidas adoptadas desde o Goberno que preside, como as destinadas a loitar contra a pobreza enerxética, por exemplo, o tícket eléctrico. Tamén subliñou as iniciativas que intentan evitar ou paliar os efectos dos desafiuzamentos, como o Programa de Vivendas Baleiras que, por desgraza, non contou co apoio de Podemos/Mareas na Coruña e Ferrol; os convenios coa Sareb e as entidades bancarias; os acordos cos bancos e co Consello Xeral do Poder Xudicial para suspender ou anular os desaloxos; ou o Bono de Alugueiro Social.

O presidente do PPdeG insistiu en que este partido sempre está a carón dos que máis o precisan e axuda ás familias, non para crear persoas dependentes das axudas públicas, senón para impulsalas ata lograr que sexan autosuficientes. 

“A porta cara a inclusión social é a autosuficiencia económica e a porta cara a suficiencia autonómica non é outra que a creación de emprego”, asegurou, engadindo que Galicia, ademais de axudar ás familias con baixos ingresos, leva 31 meses consecutivos creando emprego. “A mellor política social é a que facilita o crecemento das empresas e busca crear postos de traballo”, subliñou.

Con respecto a isto, Feijóo fixo fincapé en que cada vez máis xente “esta sorrindo”, pero non debido a aqueles que queren sacar votos das bágoas e monopolizar os sorrisos, senón grazas aos que loitan contra a exclusión social, como é o caso das entidades sociais e das Administracións públicas.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta