sábado, 18 de junio de 2016

De campaña na Chavasqueira, Santa Cruz e Cartelle

Celebramos con un cento de mozos de Novas Xeracións chegados dende diversos puntos da provincia, un  acto nas termas da Chavasqueira, no estivemos presentes os candidatos ao Congreso e ao Senado, así como tamén a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e mailo alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o presidente provincial.

Manuel Baltar defendeu ao PP como “o partido da xestión e a innovación, con candidatos coñecidos polos ourensáns fronte a outros que carecen de calquera experiencia de xestión”, pedíndolle aos 15.000 electores que en decembro apoiaron a Ciudadanos que reflexionen o seu voto, “que só serviu para que esta formación pactase despois cos socialistas”.

Recuperando a confianza destes votantes, dixo, “e demostrando como estamos a facer que somos a forza da participación, do respecto e da moderación, conseguiremos que Ana Belén Vázquez sea a terceira deputada do PP por Ourense e a nosa provincia a de maior apoio ao partido de toda España”.

Mentres Ethel Vázquez e Jesús Vázquez falaron do papel fundamental que están chamados a xogar os mozos do PP por ser eles o futuro, Miguel Ángel Viso, en representación dos candidatos do PP, loubou o traballo que está a facer Novas Xeracións “nun momento no que á xuventude cóstalle achegarse á política e aí temos nós que loitar por enviarlles unha mensaxe a favor”.

A este mitin acudín despois decorrer uns kilómetros polas beiras do Miño, o que explica o meu atuendo deportivo.

Pola tarde tivemos mitín en Cartelle coa excelente intervención da nosa candidata ao Senado, Carmen Leyte Coelllo.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta