miércoles, 29 de junio de 2016

O Partido Popular tamén gaña en Ourense as eleccións entre os Residentes Ausentes

Esta mañá tivo lugar o reconto dos votos do Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA), na sede da Audiencia Provincial e polos integrantes da Xunta Electoral Provincial de Ourense.

E tras o escrutinio gañou  tamén o PP en Ourense, co 53,27 % dos votos emitidos. 

Do total dos 98.431 ourensáns censados no exterior, e rexistrándose 4.731 peticións de voto, finalmente só participaron 2.874, unha pobre porcentaxe do 2,92 %. Cinco foron votos en branco e dous, nulos.

O PP logrou 1.531 sufraxios, seguido do PSOE (550), En Marea (431), Cidadáns (182), Partido Animalista Contra os Malos tratos Animais (99), BNG (52), Recortes Cero-Grupo Verde (15) e Partido Comunista dos Pobos de España (7).

Os resultados son sen dúbida excelentes para o PP, pero ao mesmo tempo -  dado o escaso número dos votantes-  advírtese unha vez máis a necesidade de actuar por medio de reformas legais en fórmulas que favorezan a participación dos residentes no exterior. Unha tarefa para a nova lexislatura.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta