Rajoy en Sitges: "Cadrar as contas e crear emprego é o único que garante o futuro do noso sistema de benestar"

Onte clausurouse a XXXII Reunión do prestixioso Círculo de Economía en Sitges (Barcelona), que preside o catedrático de Política Económica da Universidade de Barcelona, o vigués Antón Costas, no que se abordaron os retos do século XXI para empresa, política e sociedade.

E nesa xornada interveu o presidente do goberno en funcións, Mariano Rajoy que ante un selecto auditorio empresarial deixou entre outros estas mensaxes:

" O desenvolvemento da nosa ambiciosa axenda de reformas non só logrou sacar a España da situación extrema en que se atopaba fai catro anos, senón que nos permitiu transformar a economía, recuperar a confianza dos mercados internacionais e gañar en eficacia, flexibilidade e capacidade para competir. Sen caer en ningunha compracencia, si podemos afirmar que soubemos dar coa fórmula necesaria para mellorar a nosa economía: apertura, reformas e ambición".

"Sería un erro monumental dar marcha atrás nas reformas; dar marcha atrás na reforma laboral, na Lei de Estabilidade Orzamentaria, na Reforma do Sistema Enerxético; sería un grave erro subir os impostos ou xerar desconfianza e sería un grave erro non continuar a política de reformas destes anos".

"Se seguimos o modelo correcto de política económica, non só creceremos e crearemos empregos, senón que España dispoñerá de moitos máis recursos para apostar polo futuro; un futuro que ten agora un obxectivo básico: chegar aos 20 millóns de empregos nos próximos anos".

" Cadrar as contas e crear emprego é o único que garante o futuro do noso sistema de benestar e só unha boa política económica, capaz de xerar recursos suficientes, permite pagar as pensións, os subsidios de desemprego, as rendas de inserción, as bolsas, a atención sanitaria e un ensino público de calidade".

"Os españois temos que elixir entre dous modelos. Por unha banda, o modelo que defendemos os que pensamos que España crecerá vigorosamente e de forma sostida nos próximos anos grazas á mellora da nosa posición competitiva e, por outra, os que queren volver a outro tipo de políticas que consiste en gastar máis, endebedarse, non facer reformas ou derrogar as que outros fixeron".

"A demagoxia barata, actuar con prexuízos ideolóxicos e non pensar no interese xeral da xente fai moitísimo dano á economía, igual que a inestabilidade política e a incerteza política".

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.