lunes, 30 de mayo de 2016

Rajoy: "Se algúns van contra nós, alá eles, pero que saiban uns que outros lles están mollando xa a orella"

Hoxe o presidente do Goberno en funcións e do Partido Popular, Mariano Rajoy, estivo en Badaxoz e alí asegurou que o PP entende que debe defender "o que de verdade preocupa á xente" e, por esa razón, vai seguir traballando "a favor de España, dos intereses xerais da xente e vai plantar cara ante aqueles que queren levar a España a unha deriva radical", porque, tal e como puntualizóu, o PP "nunca se sentou con Podemos".

"E se algúns van contra nós, que é a súa única campaña, alá eles. Eu o único que quero dicirlles é que saiban uns que outros lle están mollando xa a orella. E que saiban outros que se a súa campaña vai ser unha crítica contra o PP van quedar en moi pouquiño", advertiu antes de resaltar que é o que pode ofrecer o PP a cambio: "Este partido demostrou que sabe gobernar, demostrou que coa axuda da sociedade española podíase sacar a España da crise, que se podía crear emprego e que imos crear máis emprego no próximos catro anos e somos a única forza política que pode parar a deríva radical na que algúns están instalados".

En canto a cales son os grandes obxectivos que importan á sociedade española para o próximos catro anos, o presidente popular lembrou a importancia do emprego e do mantemento da sociedade do benestar grazas ao crecemento económico. Ao mesmo tempo, o PP tamén aposta pola unidade da nación e pola loita conxunta contra calquera tipo de terrorismo. " Iso é a vida das persoas, da xente, iso é o que expón unha opción moderada como a nosa, traballar en positivo e a favor da xente",subliñou.

En definitiva, e a pouco menos dun mes para a cita coas urnas, o PP aposta por "unha campaña sensata, moderada e en positivo", tendo en conta que "España necesita seguridade, certidumbre e un partido que saiba gobernar nos momentos difíciles", é dicir, que tamén teña experiencia "porque non se pode ir aprender ás institucións".

En resumo, Mariano Rajoy apuntou que España é "un país con futuro, co mellor pasado e o mellor futuro. Vale a pena dar a batalla e vale a pena, e ímolo a conseguir, gañar , manifestou despois de lembrar que se hai eleccións é porque o PSOE e Cidadáns non quixeron aceptar o resultado das urnas do pasado 20 de decembro e que outorgaron ao PP a vitoria. "Esa oferta era a máis razoable e a máis sensata", lembrou, enumerando os países europeos onde gobernan grandes coalicións.

"Imos xogar que a recuperación económica chegue a todos", así como "o obxectivo primordial e básico" de chegar a finais de 2019 con 20 millóns de españois traballando, avisou antes de incidir como España logrou saír da crise económica.