En servizo un novo paso inferior peonil da liña ferroviaria en O Barco de Valdeorras

O 6 de febrero de 2015 nunha entrada deste blog, daba conta de que o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias, ADIF, dependente do Ministerio de Fomento, aprobara un Convenio co Concello de O Barco de Valdeorras para a construción dun paso inferior peonil no Pk. 297/725 da Liña Ferroviaria Palencia-A Coruña no núcleo urbano desta Vila.
Despois daquela data o ADIF licitóu a  obra que foi adxudicada en xullo de 2015 á empresa Contratas y Servicios Ferroviarios S.A. por importe de 199.719,55 € (con impostos).
Pois ben, a devandita obra foi rematada e o paso inferior peonil, en servizo, como puiden comprobar este pasado martes nunha visita a esta fermosa vila de O Barco de Valdeorras
Trátase dunha infraestrutura prefabricada, que discorre por debaixo da vía do tren, de 2,50 mts. x 2,50 m, á altura da rúa Santa Rita ata a Rúa Caleras a través dun paso inferior peonil de aproximadamente uns 21 metros de lonxitude.
 Leva consigo tamén 50 metros de valado. Esta obra según o convenio asinado foi costeada o 50% por ADIF e o outro 50% polo Concello do Barco.
Celebro moito esta actuación que deu resposta a unha antiga demanda veciñal e que dota de permeabilidade a este barrio barquense. É unha mostra da colaboración entre Administracións e acredita que por enriba das ideoloxías dos responsables de cada Administración, prevalece o interese xeral.
Recoñecer á entidade empresarial ADIF vencellada ao Ministerio de Fomento de Ana Pastor por traballar para mellorar a seguridade e a accesibilidade da que son parte esencial os pasos inferiores, dando solución a un tema que levaba anos pendente e que nos oito anos de etapa de gobernó central do partido socialista non recibiu a debida atención.
Parabens a ADIF e a todos os edís que integran a Corporación Municipal de O Barco, incluido os do Partido Popular que traballou desde a leal oposición no apoio a este proxecto, no que eu tamén fixen a miña aportación.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.