Presentadas as candidaturas ourensáns do Partido Popular ao Congreso e ao Senado

Asisto onte no fermosísimo mosteiro de San Pedro de Rocas ao acto de presentación das candidaturas do Partido Popular ao Congreso e ao Senado para as próximas eleccións do 26 de xuño.

O presidente provincial, Manuel Baltar fixou como obxectivo do Partido Popular de Ourense o de conseguir que os ourensáns aposten de novo por nós, superando o apoio do 45 % do electorado que alcanzamos en decembro”.

Baltar salientou que os ourensáns apoiaron maioritariamente ao PP nos comicios de decembro, “polo que a nosa obriga é presentar ás mesmas persoas que mereceron entón a confianza dos nosos veciños, un equipo formado por dezaoito persoas que traballarán con moito esforzo para achegar a nosa mensaxe”.

Unha mensaxe, engadiu, baseada na moderación “fronte ao radicalismo dos que só teñen como aspiración que os ourensáns non voten ao Partido Popular, buscando todo tipo de coalicións para botar ao PP do goberno, e iso non é un proxecto político”. 

O presidente provincial defendeu, neste sentido, que o único pacto que procura o PP é unha coalición cos ourensáns para seguir facendo provincia e mellorando as súas condicións de vida.

Para Manuel Baltar, o maior perigo para os populares é pensar que acadarán os bos resultados das xerais de decembro sen esforzo. “Entón conseguimos ser a segunda forza política con maior apoio cidadán de España, pero a base de moito traballo e comparando cada día o partido que somos co partido que queremos ser, que é o único camiño para mellorar”.

Logo interviron os números un ao Congreso e ao Senado.

Miguel Ángel Viso, pola súa banda, agradeceu a confianza depositada de novo polo presidente  do partido para encabezar a lista popular ao Congreso, “o que asumo con renovada ilusión e orgullo, convencido de que imos a demostrar unha vez máis a fortaleza deste partido”.

 Viso fixo un rápido repaso á súa experiencia no Congreso, da que salientou que lle permitiu comprobar o valeiro de ideas das outras formacións,  “que só pensaban na mercadotecnia política, como Podemos, a procura de protagonismo de Ciudadanos ou  a ansia de poder dos socialistas que obtiveron o peor resultado electoral da súa historia”.

Para o candidato popular, as eleccións de xuño serán unha nova oportunidade para “facer ver aos ourensáns que o Partido Popular é a única formación que lles pode ofrecer a estabilidade e garantías necesarias para regresar ao camiño da recuperación que fomos quen de conseguir”.

Miri Barreira tamén agradeceu a confianza para repetir como número uno da lista ao Senado, “que ademais dun enorme orgullo é unha importante obriga”. As candidaturas do PP,  dixo, “son unha proba do compromiso e da nosa coherencia, porque aquí estamos as mesmas persoas, porque ofrecemos o mesmo proxecto e plantexamos as mesmas prioridades”.

Para Barreira, esta lexislatura permitiu ver “a un goberno do PP que amosou a súa responsabilidade mantendo o rumbo do país a pesar de non poder adoitar reformas, mentres que o resto das formacións demostraron o que pretendían e a que estaban dispostos, cambiando de principios e de fins”.

A candidata fixo unha chamada á confianza dos ourensáns no PP para seguir xerando crecemento, emprego e benestar, potenciando os nosos valores e convertelos en novas vantaxes.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta


Con la tecnología de Blogger.