Asisto
onte en Santiago a primeira reunión do Comité Executivo do partido trala celebración do seu XVI Congreso autonómico.
O
presidente, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que fronte a un PPdeG galeguista,
reformista e renovado, só podemos atopar ao o resto de partidos que non fixeron
absolutamente nada nin por Galicia nin por España nos últimos meses.
Referiuse
ao PSOE, a Podemos e a Ciudadanos, que excluíron ao PP e decidiron que ían
tomar as riendas do futuro de España. Nese sentido, apuntou que o que tivemos
neste tempo foron cero avances e un país paralizado nas súas mans, o mesmo que
sucedeu en varias cidades de coalicións PSOE e Podemos desde hai un ano.
Indicou
que estas actitudes abocáronnos a unhas novas eleccións xerais nas que tamén
haberá que afrontar a fartura da xente. E é que segundo Feijóo, nesta campaña,
os partidos non só deberían pedir o voto aos españois senón tamén perdón por
seren incapaces de dar coa solución política que pediu a xente nas urnas.
Contrapuxo
o seu partido, o único que ten a Galicia no centro co obxectivo de mellorala,
con aqueles que pasan o día enleados en intrigas internas ou conspirando contra
vellos compañeiros para conseguir ser o vicepresidente dun Goberno de Podemos
Así, para
Feijóo hai partidos que nos seus poucos meses de existencia non pararon de
enganar a Galicia, confluíndo e reconfluíndo, aliándose e enemizándose, facendo
pasar por complexas negociacións o que en realidade se decidirá por un WhatsApp
que sae de Pablo Iglesias e chega as mareas.
Pola
contra, aseverou que os populares van de cara, son sinceros e teñen a obriga de
facer política con maiúsculas. “Galicia non quere uns políticos que falen de si
mesmos. Galicia quere uns políticos que falen dos galegos”, apuntou.
Por este
motivo tamén subliñou que a nosa comunidade non debe mesturarse coa situación
pola que pasa o país, xa que aquí seguimos gobernando con estabilidade.
Nesta
liña, Feijóo salientou que o PP prefire que ser xulgado polo seu traballo
responsable. Así, destacou que mentres a irresponsabilidade hipoteca o futuro
das novas xeracións, a responsabilidade permite que Galicia invista no futuro
dos nenos e da mocidade.
Nese
sentido, recordou que, ademais de ser unha comunidade que cumpriu o déficit,
tamén somos a que máis axuda a pais e nais cando deciden ter un fillo; a que
incrementa as prazas públicas de gardería e pon en marcha medidas como as casas
niño ou o bono coidador; a que ten as taxas universitarias máis baixas e
incrementa o número de becas; ou a que pode poñer a gratuitade no transporte
para os menores. Deste xeito, o presidente apuntaba que os que antes miraban
para Galicia e se preguntaban “por que fan iso?” agora pregúntanse “por que non
o fixemos nós?
Na súa
intervención, dixo que o PPdeG é un partido de maiorías, de goberno, dun país e
dun pobo. “Nós somos o partido de Galicia”, engadiu.
Desta
forma, Feijóo manifestou que mentres hai outros partidos que cren que Galicia é
deles, os populares non se van apropiar nunca da nosa comunidade, xa que
entenden que é de todos os galegos e estes teñen dereito a sentila como queiran
e en liberdade.
Ademais,
asegurou que o PPdeG ten un discurso galeguista porque naceu aquí para toda
España, é o primeiro partido de Galicia e leva anos xestionando os intereses
dos galegos, aqueles dos que non se debería poñer en cuestión o amor que senten
pola súa terra.
“Nós queremos seguir renovando Galicia, queremos
seguir renovando o país e para isto seguiremos traballando”, afirmou Feijóo
durante o seu discurso.
Nesta
liña, recordou como foron renovando a confianza dos galegos en diferentes
etapas para permitir que Galicia puidese avanzar ao tempo que puxo en valor
que, agora, no novo comité Executivo do PPdeG haxa unha taxa de renovación do
70%.
E é que
segundo o presidente, o verdadeiro cambio é aquel que se consegue mirando cara
a atrás para aprender do que se fixo; conxugando experiencia e renovación; e transformando pero non rompendo.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta