lunes, 4 de abril de 2016

Reanudada a licitación do tramo Requejo- A Veiga de Cascallá da futura autovía A-76

O BOE do 2 de abril publica o anuncio de licitación da Dirección Xeral de Estradas, da redacción do proxecto de trazado e construción do tramo Requejo (León)-A Veiga de Cascallá (Rubiá) da futura autovía A-76, que comunicará Ponferrada con Ourense. 

É a segunda vez que se produce esta licitación, datando a anterior do pasado 5 de xaneiro. Despois aquela convocatoria, pero antes de que finalizase o prazo de presentación de ofertas, a Secretaría de Estado de Infraestruturas, en concreo o 19 de febreiro , acordou suspender temporalmente a licitación dun conxunto de contratos de servizos e de obras, 43 en toda España, entre elas a citada.

A causa desta suspensión temporal derivouse dunha Resolución do Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais de data 12 de xaneiro de 2016, que estimou un recurso dun Circulo de Empresas Construtoras de Andalucía e dar así cumprimento para os efectos xurídicos da citada resolución nos expedientes en curso.

Unha vez modificados os pregos de licitacións, o Ministerio volveu licitar a redacción do proxecto do futuro acceso centro a Galicia. Cuantifícase o orzamento base de licitación en 2.951.795 euros, sendo o prazo de execución de 18 meses.As ofertas teñen como data límite de presentación o 25 d emaio.

Estivemos ante un problema xurídico que foi resolto e esperemos que  ese inesperado  atraso recupérese no futuro.

Esta actuación conformará un itinerario de gran capacidade alternativo á estrada N-120 entre Requejo e A Veiga de Cascallá, mellorando de forma notable os tempos de percorrido e as condicións de seguridade dos usuarios. 

O tramo de 10, 7 km. ten o seu inicio ao sur do núcleo de Requejo (p.k. 434 da N- 120), e discorre paralelo ao río Sil cara ao núcleo de Fritise para cruzar a continuación o río Selmo. Tras o cruzamento, atravesa durante 6 km as aliñacións montañosas e vales abruptos da serra da Aciñeira de Lástraa. Á altura do núcleo de O Real, continúa máis cara ao oeste para abandonar os límites do Parque Natural, cruzando o río Galir (Entoma) e discorrendo pola marxe dereita do mesmo ata as inmediacións do cruzamento da N-120 coa canle e a estrada OU- 622, onde finaliza.