Presentada a web do Grupo Parlamentario Popular

Asisto hoxe a unha  reunión Plenaria do GPP, presidida polo portavoz popular Rafael Hernando, á presentación da web www.gppopular.es

Foi proxectado un vídeo de presentación a cargo do presidente do PP e do Goberno en funcións, Mariano Rajoy, no que sinalou  que "o Parlamento cambiou desde as eleccións do 20D", e que a partir desa data "ábrese" para o noso país " un novo período de cambios, de diálogo e de compromiso". 

Neste novo escenario, Rajoy indicou que a súa formación "traballa e ordena" o seu labor parlamentario "pensando no interese xeral de todos, e defendendo con enerxía e eficacia os valores e as políticas do Partido Popula", que están cimentados sobre os alicerces "da unidade de España, a recuperación económica e o emprego, e a sustentabilidade do Estado do benestar para poder atender mellor ás persoas máis vulnerables".

E é precisamente sobre esta base, explicou o presidente popular, sobre a que a súa formación traballa co obxectivo de "ofrecer cinco pactos globais para todos os españois".

Rajoy convidou a todos os cidadáns a seguir e participar na nova web, "unha nova xanela aberta á apaixonante realidade política que vive e vai vivir España". "A través desta nova web dirixímonos a todos e escoitámosvos a todos desde o primeiro grupo parlamentario de España", asegurou, que representa a "máis de sete millóns de españois" e lidera "a representación popular na sede da soberanía nacional".


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.