O paro baixa o paro en marzo en Ourense, Galicia e España

O Servizo Público de Emprego Estatal difunde hoxe os datos oficiais do paro rexistrado correspondentes ao mes de marzo  de 2016.

Son os seguintes:

Ourense:

Baixa o paro rexistrado en marzo en relación co mes anterior en 379 persoas, un - 1,44 %.

A nivel interanual, isto é, con respecto a marzo do ano pasado, 1.979  persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do - 7,09 %. 

O número de parados queda en 25.934, deles 12.012 son homes e 13.922 mulleres, 24.451 son maiores de 25 anos e 1.483 menores.

Por sectores, 1.417 son da agricultura, 3.352 da industria, 3.036 da construción, 15.853 nos servizos e 2.276 do colectivo sen emprego anterior.

Galicia:

O paro rexistrado de Galicia baixou en marzo en 3.471 persoas con respecto a febreiro (un – 1,48 %). O número de parados queda en 231.797, deles 106.796 son homes e 125.001 mulleres, 219.593 son maiores de 25 anos e 12.204 menores.

Por sectores, 8.673 son da agricultura, 27.818 da industria, 27.591 da construción, 149.138 nos servizos e 18.577 do colectivo sen emprego anterior.

Galicia pechou o mes de marzo con 20.340 persoas desempregadas menos que hai un ano, o que supón unha baixada con respecto a marzo de 2015 dun 8,07%, a segunda maior baixada de toda a serie histórica, desde 1996.

Así mesmo, a nosa comunidade segue a presentar un comportamento mellor que o do conxunto do Estado, tanto en termos interanuais como en relación co mes pasado, algo que é unha mostra das consecuencias que trae consigo a falta de seguridade que hai nestes momentos con respecto ao futuro do Goberno do país. Os principais indicadores económicos son claros e, mentres en Galicia descende a taxa de desemprego, España segue a pagar as consecuencias da incertidume na que vive dende hai xa máis de tres meses.

Queda claro que as políticas de emprego da Xunta funcionan e están a dar resultados e, por iso, agora podemos falar de que rexistramos xa 29 meses de descenso consecutivo interanual do paro, baixa o desemprego en todas as provincias, en todos os tramos de idade e en todos os sectores; e medra a afiliación en termos intranuais e intermensuais.

España:

O número de desempregados rexistrados nas Oficinas dos Servizos Públicos de Emprego baixou en marzo en 58.216 persoas (-1,40 %) e sitúa a cifra total en 4.094.770 persoas.

En termos desestacionalizados, o paro reduciuse en marzo en 45.466 persoas.

Nos últimos 12 meses o paro diminuíu en 357.169 persoas. O paro rexistrado mantén o seu ritmo interanual de redución na contorna do 8% (8,02%).

O paro entre os mozos menores de 25 anos diminuíu no último ano en 43.416 persoas. Desta forma, o desemprego xuvenil redúcese un 11,1% en termos interanuais, por encima da media xeral do 8%.

O paro rexistrado baixa en todas as comunidades autónomas, entre as que destacan Cataluña (-10.246), Comunidade Valenciana (-7.637) e Andalucía (-6.543).

O paro rexistrado reduciuse entre os demandantes que desempeñaran a súa última actividade en Agricultura con 1.262 desempregados menos, en Industria baixa 3.440, en Construción diminúe 2.650, e en Servizos, que baixa 54.429. 

Pola contra aumenta entre o colectivo Sen Emprego Anterior en 3.565 persoas.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.