Sobre as repercusións nos medios de comunicación do debate sobre o impulso á A-76

O debate celebrado o pasado mercores na Comisión de Fomento do Congreso, sobre a autovía A-76 tivo unha ampla repercusión nos medios de comunicación ourensáns e leoneses, tanto en papel como dixitais, fundamentalmente pola sorprendente oposición á PNL por parte dos deputados de PODEMOS-EN MAREA.

Tamén foron moitas as emisoras de radio que abordaron nos seus informativos esta noticia.

Asemade, as webs do PP en Galicia e Ourense, publicaron a información.

Achego estes ligazóns dixitais:











Pola súa banda na TVG pronunciáronse respecto diso o secretario Xeral do PP de G, Alfonso Rueda e a conselleira de infraestruturas Ethel Vázquez.

Así o Partido Popular galego criticou a decisión de En Marea de votar en contra da autovía A-76 entre Ponferrada e Ourense. Rueda lamentou que “esta sexa a primeira medida da confluencia galega no Congreso”


A conselleira de Infraestruturas tamén criticou a decisión de En Marea-Podemos de votar en contra da proposición presentada no Congreso polo PP. Segundo Ethel Vázquez, a súa construción é compatible coa protección do ambiente.


"En Marea non debe saber o que demanda a cidadanía por un lado nin tampouco debe saber que esas actuacións que melloran a competitivade e a seguridade viaria en Galicia poden facerse compatibles coa mellora e a protección do ambiente", comentou a conselleira.





E hoxe pola mañá no programa radiofónico de Radio Voz “Voces de Galicia” fun entrevistado por Isidoro Valerio sobre a aprobación o mércores, coa única oposición de En Marea-Podemos, da proposición non de lei do PP para que se continúe tramitando a autovía A-76 entre Ourense e Ponferrada.

http://www.ivoox.com/1-hora-con-resumen-actualidad-audios-mp3_rf_11178696_1.html (Desde o minuto 40:24 a 51:20).

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.