sábado, 2 de abril de 2016

Feijoo escolle Galicia e opta a un terceiro mandato


Asisto hoxe á Xunta Directiva do PPdeG na que o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que volverá presentar a súa candidatura á Presidencia do partido porque “cando unha das opcións que da a vida é Galicia, non existen as outras”. “Estou na política porque creo nela, creo no meu partido, creo en xente como Mariano Rajoy e creo no servizo público, por iso, póñome a disposición do meu partido primeiro e, se os compañeiros así o queren, do conxunto dos galegos despois”, afirmou o 

Feijóo trasladou que concorrerá a este coa mesma ilusión que cando o fixo por primeira vez hai dez anos, coa experiencia de todo este tempo e coa forza necesaria para dalo todo polo seu partido e por Galicia. “Porque creo que o noso proxecto é o que máis convén a Galicia e porque creo que Galicia está por riba de todo. E non son eu, senón que son as galegas e os galegos os que teñen que elixir”, manifestou.

Así mesmo, o dirixente dixo que, despois de dez anos no PPdeG e sete na Xunta “podo mirar aos ollos a cada unha das persoas ás que me debo”, en referencia a todo os afiliados do partido e á cidadanía galega en xeral. 

Aínda que trasladou que é normal que xurdan as preguntas sobre se a política merece a pena e sobre o que un pode ofrecer ao seu partido e ao seu país, Feijóo asegurou que todas elas sempre concordaron ao longo da súa vida na mesma resposta, que é Galicia. “Sempre que tiven a honra e a oportunidade de elixir na miña vida, sempre escollín Galicia”, aseverou, e engadiu que “ante Galicia, calquera outra opción, calquera outra posibilidade faise minúscula e secundariaPese a que a política ben entendida obriga a renuncias persoais e trae sensabores, Feijóo engadiu que merece a pena cando un sente a responsabilidade do servizo público e ama ao seu país. “Merece a pena por todas as persoas ás que un se debe”, resolveu, e asegurou que iso se impón a outros sucesos que fan que moitas persoas non teñan esperanza na política e tamén provocan desencanto nos que cren nela.

“Parece que ter traxectoria de servizo público é aproveitarse da política pero se saes da política é para aproveitarte do teu paso por ela. Parece que a experiencia é un lastre en lugar de ser un valor a ter en conta. Parece máis efectivo frivolizar cunha frase que tomarse as cousas en serio e con rigor. Parece que é necesario odiar ao adversario, ser rancoroso con quen pensa diferente, poñerse barreiras e establecer vetos persoais”, dixo o presidente, e, fronte a iso, reivindicou a auténtica política na que un busca solucións aos problemas e non aproveitarse deles, puntos de encontro para non enredarse na diferenza dun país unido e non dividir a sociedade por interese, e na que poden confiar os galegos que aínda están a espera de máis solucións.

“Esa é a política que eu quero para Galicia e na que eu creo”, proclamou, e mostrouse convencido de que ese xeito de entendela permitiu dotar a España de garantías constitucionais, construír a Autonomía e axudar a crear máis oportunidades nestes últimos anos de crise económica.

Precisamente respecto a isto, Feijóo considerou unha honra que os galegos lle deran a confianza nos seus momentos máis difíciles e garantiu que non tería escollido un máis sinxelo. Neste senso, indicou que en Galicia hoxe hai máis esperanza, máis oportunidades e máis futuro e, onde antes había número vermellos, agora hai unha economía que crece; onde antes había crecemento do desemprego, agora hai baixada sostida de paro; e onde antes había risco de quebra, agora hai servizos públicos sostibles para os galegos de hoxe e os de mañá. 

Malia que recoñeceu que hoxe tampouco son tempos fáciles, Feijóo rememorou a situación na que se atopaba cando asumiu a Presidencia do PPdeG e constatou que hoxe conta cos mesmos vimbios que lle permitiron lograr a confianza maioritaria dos galegos nas primeiras autonómicas ás que concorreu.

Entre eles, citou a unidade e a renovación do partido para abrirse a unha sociedade que evoluciona, así como a humildade para recoñecer erros e tentar mellorar constantemente. Igualmente, tamén recordou que o partido se mantivo fiel aos seus principios, non empregou a ideoloxía como barreira e sempre amosou o orgullo de ser galegos e españois. “Así gañamos. Así gañou o partido. E así saíu gañando Galicia”, resumiu e, posto que esa actitude segue vixente, mostrouse convencido de que “poderemos volver a gañar”.

Precisamente, Feijóo referiuse ao lema co que se presentou á Presidencia do PPdeG por primeira vez en 2006 -sumar, seguir e gañar— porque, na súa opinión, esa foi a clave do éxito do partido tanto a nivel interno como nos procesos electorais posteriores.  “Sumamos, seguimos e gañamos”, resumiu en referencia ao primeiro conclave que o elixiu presidente dos populares galegos, e asegurou que o mérito dos anos seguintes non foi seu, senón “de todo un partido que se puxo a punto namentres os outros quedaron atrapados no pasado”. Igualmente, atribuíu á motivación, ás ganas e á mobilización de todo o PPdeG as vitorias electorais de 2009 e 2012.

Con todo, en clave persoal, concluíu que nunca lle poderá devolver ao partido a súa confianza nin á maioría dos galegos a maior honra da súa vida que é presidir Galicia. “Non hai maior honra que servir Galicia”, reiterou, e insistiu en que “nada que poida ter feito antes –porque isto non é para toda a vida— nin nada que poida facer despois será minimamente comparable”.