viernes, 1 de abril de 2016

Presentadas as catro etapas da " Vuelta a España 2016" que transcorrerán pola provincia de Ourense

Asisto onte no Teatro Principal de Ourense á gala de presentación por parte de Unipublic xunto a Deputación de Ourense das catro etapas da 71ª edición da “Vuelta a España”, unha proba ciclista que este ano ten como protagonista á provincia de Ourense.

A presentación dos equipos participantes terá lugar en Arnoia, sendo a primeira etapa unha crono entre Laias (Cenlle) e o Parque Náutico de Castrelo de Miño. A segunda etapa terá a súa saída na cidade de Ourense e chegará a Baiona, a sexta etapa procedente de Monforte de Lemos terá como meta a localidade de Luintra na Ribeira Sacra, e a sétima etapa sairá de Maceda hacía puebla de Sanabria. 

Catro etapas de máximo protagonismo ourensán, nas que a nosa provincia ofrecerá un gran escaparate ao mundo o vindeiro mes de agosto, co importante impacto mediático e promocional que elo supón nos máis de mil millóns de espectadores que se estima seguen a través dos medios de comunicación unha das probas ciclistas máis importantes do mundo.

O acto foi conducido exciclistas Pedro Delgado e Óscar Pereiro, ambos gañadores do Tour de Francia e no caso do segoviano tamén da Vuelta a España.  

Eles e o tamén Director Técnico da proba Fernando Escartín, analizaron as características técnicas do percorrido e a repercusión social e económica que supón este evento para a provincia ourensá. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, dixo na súa intervención de apertura do acto que  o deporte “ é unha das liñas básicas do plan de mandato Ourense 15-19, nas súas vertentes de deporte de elite e escolas deportivas”, e engadiu que a propia denominación que este ano ten a proba ciclista: “Ourense Termal-Madrid” alude ao noso papel como berce da mesma.


Co gañador do Tour de Francia, Pedro Delgado
Tivemos tamén ocasión de escoitar aos alcaldes de Arnoia, Cenlle, Castrelo de Miño, Nogueira de Ramuin, Maceda e Ourense, glosando as bondades dos seus concellos.

No acto, no que tamén participou o director xeral da “Vuelta a España”, Javier Guillén, foron homenaxeados os ciclistas ourensáns César Pérez e Raúl Rey, que participaron na Vuelta a España, e tamén foron recoñecidos Xulio Conde e o ciclista preolímpico ourensán, Pablo Rodríguez.

Estóu seguro do éxito destas etapas ourensás da vindeira “Vuelta a España” , que xunto co Tour de Francia e o Giro de Italia configuran as carreiras ciclistas máis importantes do mundo, sendo seguida por máis de 150 países e do que a organización estima que terá un retorno económico mínimo de 1,7 millóns de euros para a provincia de Ourense.


https://www.youtube.com/watch?v=z3cltNfWL38

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta