Destaco dous anuncios de Anuncios de formalización de contratos da Dirección General de Carreteras do Ministerio de Fomento publicados no BOE do pasado sábado 9 de abril, e que afectan a rehabilitación do firme de catro estradas en territorio da provincia de Ourense.
. Rehabilitación do firme da estrada N-120, pp. kk. 438+300 e 472+800 (desde o límite da provincia de Lugo ao de León) e N-536 pp. kk. 33+800 e 51+960. Foi formalizado con Construcións Taboada e Ramos, S.L. por un importe total de 167.572,90 euros por ser a oferta económica máis vantaxosa.
. Rehabilitación do firme da estrada N-540, pp.kk. 68+800 e 78+500 (entre Cambeo e o límite coa provincia de Lugo) e N-541 pp.kk. 12+750 e 27+150 (entre Arrabaldo e Carballiño). Foi formalizado con Construcións Taboada e Ramos, S.L. por un importe total de 164.172,80 euros por ser a oferta económica máis vantaxosa.
Ambas as actuacións comezarán tan pronto cesen estas persistentes choivas e espérase que duren un par de meses.
Celebro estas adxudicacións do Ministerio de Fomento que servirán para mellorar a seguridade viaria e emendar as deficiencias existentes nos firmes destas estradas.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta