Con enorme
alegría recibo hoxe a noticia de que o Tribunal de Xustiza da UE rexeitou o
último recurso interposto polos estaleiros holandeses contra o actual sistema
español de amortización anticipada para o financiamento de activos aplicable a
buques (novo “tax lease”).
Confírmase a plena legalidade do actual sistema
que foi autorizado pola Comisión Europea en novembro de 2012. Aquela decisión supuxo
un fito no ámbito da Unión Europea, por ser a primeira vez que unha medida
desta natureza era aprobada pola Comisión. A sentenza ditada hoxe, corrobora o
máximo nivel de seguridade xurídica do novo “tax lease”.
O Tribunal de Luxemburgo xa rexeitou en primeira
instancia, o 9 de decembro do 2014, o recurso interposto pola asociación de
estaleiros holandeses contra a decisión da Comisión Europea, pola que dita
asociación foi condenada en costas. A pesar diso, coa intención de seguir
xerando incerteza e prexudicar a actividade comercial naval de España, os
estaleiros holandeses lograron manter aberto o litixio mediante un novo recurso
ante o Tribunal da UE.
As miñas maiores felicitacións a PYMAR - unha
Sociedade Anónima constituída en 1985 polos pequenos e medianos estaleiros
privados españois para defender os intereses da construción naval privada tanto
en España como no conxunto de Europa - polo seu tesón en defender firmeza un
sistema agora máis seguro que nunca e que ten permitido que desde que se puxo
en marcha en España, no ano 2013, acollésense a este réxime un total de 27
operacións, por un importe conxunto superior aos 925 millóns de euros para
contratos de construción de buques xeradores de máis de 6 millóns de horas de
traballo.
E xusto é necesario recoñecer a estratexia de unidade e
cohesión entre todos os axentes do sector naval español, e en particular, á
efectividade do papel da Administración española, a avogacía do Estado e as
Comunidades Autónomas, singularmente a de Galicia.
2.7.2013 no Congreso |
Aproveito para lembrar que tamén desde o ámbito parlamentario
defendimos esa causa con unidade, así o 2 de xullo de 2013 os deputados do PP de Galicia no
Congreso promovimos a redacción dunha Proposición non de Lei, que finalmente
foi subscrita por todos os grupos parlamentarios e que foi aprobada por
unanimidade na Comisión de Industria do Congreso convocada para o día 16 de
xullo. Debate no que polo PP interveu a miña compañeira deputada Tristana
Moraleja.
O tempo deunos a razón a todos.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta