Hoxe ás 9,00 horas renovamos o Pleno coa fixación de posición polos representantes dos grupos parlamentarios, de maior a menor, salvo o grupo ao que pertence o candidato á Presidencia, que o fixo en último lugar.
Así, interveu, polo Grupo Popular Mariano Rajoy; por Podemos-En Comú Podem-En Marea, Pablo Iglesias, Xavier Domènech e Alexandra Fernández; en nome de Cidadáns, Albert Rivera e por Esquerra Republicana Joan Tardà.
Tras un receso, tomou a palabra o portavoz Dèmocracia i Llibertat, Francesc Homs, o do PNV, Aitor Esteban, e dentro do Mixto, Joan Baldoví (Compromís), Alberto Garzón (Esquerda Unida-Unidade Popular), Marian Beitialarrangoitia (EA-Bildu); Íñigo Alli (UPN); Isidro Martínez (Foro Asturias), Ana Oramas (Coalición Canaria), Pedro Quevedo (Nova Canarias). O último foi o portavoz do Grupo Socialista, Antonio Hernando.
Finalmente comezamos a votación ás 19,15 horas e o Congreso dos Deputados rexeitou a investidura de Pedro Sánchez como presidente do Goberno na primeira votación, polo que volverá someterse ao criterio da Cámara o venres, nun Pleno que o presidente do Congreso, Patxi López, convocou para as 18,30 horas, de modo que se vote pasadas 48 horas desde o primeiro intento.
Na votación, pública por chamamento, 130 deputados votaron a favor da investidura de Sánchez, en contra 219 - un deles eu - e 1 abstívose, co que o candidato non alcanzou os 176 votos necesarios e someterase a nova votación, na que resultará elixido se obtén o apoio da maioría simple.
O venres o candidato á Presidencia dispón de dez minutos para pedir o respaldo da Cámara, e os representantes dos grupos parlamentarios poden expoñer a súa posición durante un máximo de cinco minutos cada un.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta