Interveño esta mañá no programa Voces de Galicia que dirixe o xornalista Isidoro Valerio que me entrevistou para coñecer a miña opinión sobre o ocorrido onte no Congreso e sobre o que ocorrerá a partir de agora.
Dixen que onte vivimos un fracaso do candidato Pedro Sánchez que chegou con poucos apoios e tras o longo debate non concitou ningún máis.
E todo iso despois de semanas de roldas de prensa, grandes frases e negociacións a varias bandas.
E todo iso despois de semanas de roldas de prensa, grandes frases e negociacións a varias bandas.
E lamentei que o seu aliado, Albert Rivera, non forzase ao seu socio socialista - que obtivo o peor resultado da historia - para sentar para falar co PP para negociar unha gran coalición. Cualifiquei de política vella o falar de pinza entre Podemos e PP para evitar a investidura, un argumento que me lembraba a época de Anguita.
Dixen que o inconcibible é que un partido que ten corenta deputados, pretenda que o que lle triplica en votos, é dicir o PP, renuncie a liderar ese goberno de coalición e ademais que prescinda do seu líder.
Un Mariano Rajoy que ao meu xuízo onte estivo brillante na súa intervención matinal, demostrando a súa gran condición política e o seu dominio da tribuna parlamentaria. Hoxe recoñéceo así no seu editorial de La Voz de Galicia, Fernando Onega.

Dixen, que aínda que hoxe pareza que a única saída sexan unhas próximas eleccións, é a nosa obrigación, no prazo de dous meses que onte comezou, a buscar puntos en común con Cidadáns e socialistas.
Se quere escoitar á entrevista pode premer este link
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Se quere escoitar á entrevista pode premer este link
http://www.ivoox.com/1-hora-con-resumen-actualidad-audios-mp3_rf_10661156_1.html (Minuto 39:30 a 47:40)
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta