miércoles, 2 de marzo de 2016

Aumenta o paro rexistrado en febreiro

Esta mañá coñecemos os datos de paro rexistrado nas Oficinas dos Servizos Públicos de Emprego correspondente a febreiro de 2016. Estos son os datos:

OURENSE:

Medra  o paro rexistrado en febreiro en relación co mes anterior en 159 persoas, un 0,61 %.

A nivel interanual, isto é, con respecto a febreiro do ano pasado, 1.917 persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 6,79 %. 

O número de parados queda en 26.313, deles 12.229 son homes e 14.084 mulleres, 24.827 son maiores de 25 anos e 1.486 menores.

Por sectores: 1.451 son da agricultura, 3.420 da industria, 3.046 da construción, 16.135 dos servizos e 2.261 do colectivo sen emprego anterior.

GALICIA:

O paro rexistrado de Galicia baixou en febreiro en 1.179  persoas con respecto a xaneiro (un -0,50 %).

O número de parados queda en 235.268, deles 108.863  son homes e 126.405 mulleres, 223.145 son maiores de 25 anos e 12.123 menores.

Deles 8.924 son da agricultura, 27.894 da industria, 28.055 da construción, 151.908 nos servizos e 18.487 do colectivo sen emprego anterior.

Galicia pechou o mes de febreiro con 22.281 persoas desempregadas menos que hai un ano. O que supón unha baixada con respecto a febreiro de 2015 dun 8,65%.

 A Comunidade segue a presentar un comportamento mellor que o Estado, tanto en termos interanuais como en relación co mes pasado.  

O paro en Galicia, rexistra xa 28 meses de descenso consecutivo interanual, o que nos coloca a niveis de paro inferiores aos de febreiro de 2011, hai 5 anos.  Encadeando tres anos consecutivos onde o paro descende en febreiro.

Por sectores, a industria continúa co bo comportamento de principios de ano, rexistra a maior baixada en termos absolutos con -641 persoas seguida da construción con -630. En termos relativos, o maior descenso é no sector primario (-3,22%), seguido da industria (-2,25%) e a construción (-2,20%).

Por provincias, baixa de xeito interanual en todas elas.
ESPAÑA:

O número de parados rexistrados nas Oficinas dos Servizos Públicos de Emprego aumentou en febreiro en 2.231 persoas en relación co mes anterior. En 2015 reduciuse en 13.538 e en 2014 en 1.949 persoas. A cifra total de parados rexistrados sitúase en 4.152.986.

En termos desestacionalizados, o paro reduciuse en febreiro en 21.959 persoas.
Nos últimos 12 meses o paro diminuíu en 359.167 persoas. Trátase da maior redución de toda a serie nun mes de febreiro. O paro rexistrado mantén o seu ritmo interanual de redución na contorna do 8% (7,95%).

O paro entre os mozos menores de 25 anos diminuíu no último ano en 36.898 persoas. Desta forma, o desemprego xuvenil redúcese un 9,5% en termos interanuais, por encima da media xeral do 7,95%.

O paro rexistrado baixa en once comunidades autónomas, entre as que destacan Cataluña (-7.843), Illes Balears (-3.263) e Canarias (-2.352). Sobe, en cambio, en seis encabezadas por Andalucía (16.265) e Madrid (2.210).


O paro rexistrado incrementouse entre os demandantes  que desempeñaran a súa última actividade en Agricultura, con 14.029 desempregados máis e no colectivo sen emprego anterior, que sobe 8.673. Pola contra reduciuse en Industria con 3.994 desempregados menos, en Construción, que baixa 6.724, e en Servizos, que diminuíu en 9.753 persoas. 

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta