Feijóo: "A renovación do PPdeG achega o partido aos galegos e á Galicia de mañá "

 Onte tivo lugar o congreso provincial do PP de Lugo, onde foi elixida como nova presidenta, Elena Candia.

Na calusura, Alberto Núñez Feijóo, sinalou que a renovación do PPdeG achega o partido aos galegos e á Galicia de mañá, ao tempo que amplía a vantaxe cos que están moi lonxe de ser o que precisa Galicia.

Segundo Feijóo, o PPdeG é o partido con máis experiencia e con máis experiencias, pero nunca deixa de aprender do que fixo, dos retos que tivo que abordar, dos erros e, sobre todo, dos galegos. Baixo o seu punto de vista, Galicia ensinoulle ao partido esforzo, constancia, perseverancia e, por tanto, a formación seguirá aprendendo da Comunidade.

O presidente do PPdeG criticou a volatilidade e a fraxilidade dos principios do resto de partidos e fixo fincapé en que a formación dos populares ten que ofrecer algo máis, manténdose por riba das frivolidades e achegando solidez.

Con respecto a isto, sinalou que o PPdeG é o primeiro partido da provincia, de Galicia e de España porque os cidadáns así o decidiron. Por iso, cre que os populares deben esixirse máis e non deben permitirse o nivel de irresponsabilidade do PSOE, nin o nivel de incoherencia de Ciudadanos ou a demagoxia de Podemos.

Por ese motivo, segundo subliñou Feijóo, o PPdeG decidiu renovar as súas ideas, actitudes e equipos. Como engadiu, este partido reacciona, está activo e está en pé.

Neste senso, o líder dos populares galegos asegurou, con respecto aos outros partidos, de que non poden arrinconar á formación pola que apostaron 7 millóns e medio de españois. 

Da mesma maneira, puxo en valor que a crise non venceu aos populares e, de feito, Galicia está saíndo dela, pasando de xerar paro a crear emprego; de decrecer, a volver a crecer economicamente; do desfase orzamentario, ao control e á responsabilidade económica e ao crecemento da produción industrial, á internacionalización, á innovación e á confianza dos consumidores e dos emprendedores.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.