O congreso do PP de Ourense elixe presidente a Manuel Baltar

Asisto hoxe como compromisario ao XVII Congreso Provincial  do PP de Ourense.

Despois da constitución da Mesa, tivo lugar a presentación de tres relatorios. “Futuro e comunicacións” defendida por Cristina Romero, quen centrou a súa intervención no AVE. 

“Turismo e termalismo” foi o eixo do relatorio presentado por Gabriel Alén, quen defendeu a recuperación, posta en valor e aproveitamento dos recursos termais.

A senadora Miri Barreira defendeu a terceira das comunicacións, centrada en Ourense como provincia intelixente. Subliñou a necesidade de continuar coa reforma das administracións para que presten mellores servizos, de maior calidade e ao menor custo, incor
porando a innovación e os avances tecnolóxicos que faciliten a relación entre a administración e administrados.

Logo foi o turno do secretario xeral, Rosendo Fernández que fixo balance da xestión realizada polo PP nestes tres anos. Repasou a actividade orgánica do partido, do que destacou o seu dinamismo e transparencia e chamou a atención sobre os éxitos cultivados nas eleccións europeas, locais e xerais, que situaron ao partido como a terceira e segunda formación de España con maior apoio ao PP. Uns éxitos, advertiu con todo, “que non nos deben dar por satisfeitos”. Como partido do goberno en Ourense, dixo, “o PP debe tomar nota das demandas dos nosos cidadáns para responder  as súas necesidades e iso só conséguese con máis compromiso e traballo”.

En representación do PP nacional, o congreso contou coa presenza de Andrea Levy, vicesecretaria de estudos e programas da formación, que reivindicou a figura dos afiliados e simpatizantes como a alma do Partido Popular, a súa forza, “por iso lévome deste congreso a súa lema: Ourense ten forza”. Levy, en clave nacional, criticou o sectarismo doutros partidos fronte ao PP, que foi o gañador das eleccións xerais, “a forza preferida dos españois, polo que fai e o que sabemos facer e que en congresos como o de Ourense revitaliza os seus valores e principios”.

Logo o candidato á presidencia do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, deu a coñecer esta a lista das persoas que integrarán o novo Comité Executivo do partido, que contará novamente –como xa acontecera no anterior congreso de 2013- con maioría feminina entre os seus membros, en concreto un 51 %.

Baltar agradeceu aos asistentes a súa presenza “no primeiro congreso que celebra o PP en España en 2016”, e engadiu: “aquí recibín a vosa confianza en xaneiro de 2010 e en marzo de 2013. E aquí estamos, en marzo de 2016, para seguir fabricando o futuro da nosa provincia na que cremos: Ourense”.

Manuel Baltar subliñou que este “non é un congreso máis, pois estamos a falar da forza política máis importante da historia de Ourense, e do segundo  mellor resultado porcentual en España, das 52 circunscricións electorais, da formación política máis grande da nosa nación”.

Logo de afirmar que o peor inimigo dunha forza política é a autocomplacencia, a comodidade, Baltar afirmou que o segredo do PPOU “radica en fixarse metas, canto máis difíciles mellor”, e sabendo que a política “é un escenario perfecto para a innovación. Anticipándonos, marcando a axenda. Pensando. Como creativos que somos os ourensáns, ademais de traballadores e emigrantes”, remarcou.

16 novos compromisos

Manuel Baltar destacou 16 novos compromisos para levar a cabo no novo mandato, que son os seguintes:
O partido organizado
1. Congreso local en Ourense cidade.
2. Congresos locais nos concellos que restan por orde alfabética.
3. Congreso provincial de novas xeracións.
4. Campaña de afiliacións, estudando a baixada de cotas para desempregados e familias numerosas.

O partido aberto
5. App do PP de Ourense para dispositivos móbiles.
6. “O presidente responde”, consultas directas na web co compromiso de resposta en menos de tres días.

O partido participativo
7. Os membros da Xunta Directiva proporán ao comité electoral as súas preferencias nas candidaturas ao Parlamento de Galicia e ás Cortes Xerais do Estado.
8. Creación dun “buzón lexislativo” para propostas no proceso de tramitación das leis nas Cortes Xerais e no Parlamento galego.

O partido dos galegos  no exterior 
9. Liña de colaboración permanente cos ourensáns no exterior (enlace específico na web).

O partido da transparencia
10. Publicación na web das declaracións de bens e IRPF dos compoñentes do Comité Executivo Provincial.
11. Boletín informativo de actividades trimestral vía correo electrónico e pdf web.

O partido do recoñecemento
12. Distinción anual á mellor iniciativa política proposta por integrantes dos grupos populares nas institucións.
13. Distinción anual ao mellor afiliado/a polo seu labor e compromiso a proposta dos comités locais.

O partido da provincia
14. Xuntanzas itinerantes dos órganos do partido polo territorio provincial: Xunta Directiva, Comité Executivo, Comité de Dirección, ROMP, Consello Asesor…

O partido do futuro
15. Reforzar a estrutura e o traballo do comité de voceiros na oposición para obter a maioría absoluta en vindeiros comicios locais.
16. Posta en marcha da rede popular de presenza activa nas redes sociais. innovación tecnolóxica.

Logo pasamos as votacións. Dun censo total de 889 personas votaron 837, dos que 796 (95,66 % )respaldaron la candidatura de Baltar, mientras que 34 papeletas foron en branco e houbo sete votos nulos.

No seu primeiro discurso xa como presidente do PPOU, Baltar quixo que as súas primeiras palabras fosen en maiúsculas para OURENSE, unha provincia da que dixo “é internacional, ten discurso, é líder, non ten complexos, é ambiciosa de seu e con grandes retos por conseguir”. Neste sentido, destacou “o Ourense da planificación, do camiño conxunto, da política real e o Ourense de vangarda”, “un Ourense –afirmou- que non é unha illa, que vive e respira tendo en conta o contexto internacional e que ten criterio propio ante os acontecementos, porque desde aquí conseguimos innovar e poñer en valor o noso proxecto de “provincia intelixente” no que estamos a traballar para gañar o futuro”.

Manuel Baltar destacou: “a nosa forza é a estabilidade, a solidez. Momento para a cooperación e para a confianza, engadindo en clave nacional que en Ourense “tamén apreciamos a necesidade inmediata de formar un goberno en España que teña auténtica solidez”.

O presidente do PPOU destacou que nos presentamos “para gobernar e para construír, en positivo. Non para que non gobernen outros. Facémolo para resolver, imaxinar e para facer Ourense. Por iso pediu un recoñecemento para alcaldes alcaldes, alcaldesas, concelleiras e concelleiros, motor da nosa formación e verdadeiro activo do PP de Ourense. Nada sen eles. Todo con eles”.

Tamén lembrou aos ourensáns da emigración, “os mellores embaixadores da nosa provincia. Todos temos e todos somos emigrantes”, e tivo palabras de lembranza “para os que fixeron deste partido unha gran forza política que hoxe representamos, aos que nos precederon no tempo”, destacando tamén ao presidente nacional, Mariano Rajoy, “de quen nos sentimos orgullosos, gañador das eleccións, enviándolle toda a nosa forza nestes momentos de incertidume”.

Manuel Baltar subliñou a importancia dun “Ourense líder” que toma a palabra no Comité das Rexións da UE falando en nome das deputacións de España, institucións provinciais que definiu como “espello dos concellos da provincia” e cuxa continuidade defendeu de novo, solicitando unha vez máis unha reforma do réxime electoral, de modo que os ourensáns poidan elixir directamente os membros da corporación provincial, así como tamén unha reforma do financiamento local que achegue máis recurso aos gobernos provinciais.

Alberto Núñez Feijóo, clausuró  o congreso provincial do PP de Ourense, onde aproveitou para felicitar a José Manuel Baltar e á súa candidatura pola vitoria acadada e pola honra que supón presidir un partido gañador, que está activo e en movemento.

Como lembrou Feijóo, esta semana cumpríronse sete anos da vitoria electoral nas autonómicas en 2009. Con respecto a isto, destacou que o que gañou esas eleccións non foi o candidato, senón o esforzo, traballo e a renovación de todo o partido coa súa militancia.

Deste xeito, sinalou que agora o partido volve a equiparse para as súas vitorias do futuro e ten que facelo como en 2005, con autocrítica, esixíndose máis e con traballo e esforzo.

Nesta liña, Feijóo destacou que este ano haberá unhas autonómicas para as que parece que Podemos ten présa, xa que ten medo de que canto máis tempo pase máis se coñeza a súa inoperancia, e quizáis tamén haxa outras xerais porque a irresponsabilidade de Pedro Sánchez deixou o futuro deste país nas mans do partido de Pablo Iglesias.

O PP TEN QUE BUSCAR SEMPRE A MAIORÍA

Afirmou que o PP ten que buscar sempre a vitoria dunha maioría ampla e estable que permita a gobernabilidade do país, ante as minorías que non aceptan a derrota e para as que o seu país é algo secundario, porque eles teñen que ser os protagonistas.

Segundo Feijóo, o seu ego lévaos a facerse crer que son estrelas cando deberían ser servidores humildes. Por iso, cre que durarán o que dura unha estrela fugaz e acabarán estrelados como Pedro Sánchez esta semana, que fracasou nas eleccións pero se emperrouse en ter o seu momento de gloria buscando un goberno de fracaso.

Neste senso, o líder do PPdeG criticou que o socialista fíxolles perder o tempo aos cidadáns e agora non debería intentar arrastrar o seu país ao seu fracaso persoal.

Como engadiu, nin a opinión de Pedro Sánchez, nin a de Albert Rivera, nin a de Pablo Iglesias vale máis que a dos 7,3 millóns de españois que lle deron a maioría ao PP. 

Por iso, Feijóo pediu que deixen de crerse por riba dos españois, posto que nin os defenden a eles nin aos seus votantes, senón que o único que defenden é o seu interese persoal e non vale máis o que ven nun espello que o que ven nas urnas.

CONFIANZA

Lembrou que non son o primeiro partido de España, de Galicia e de Ourense por casualidade, senón porque traballan as vitorias para obter resultados que beneficien ao conxunto dos cidadáns.

De feito, desde aquel 1 de marzo de 2009, agora baixa o paro, soben as afiliacións á seguridade social, crece a economía, hai máis innovación e máis exportacións que nunca, hai máis confianza de consumidores e emprendedores, hai menos impostos, hai máis responsabilidade económica e hai seguridade nas prestacións sociais.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.