Falando en Radio Voz da "gran coalición de forzas moderadas"

Interveño hoxe no faladoiro de Radio Voz que dirixe Antía Díaz Leal e no que participaron Pepe Lorenzo, Xaime Vila e Iván Puentes.

O primeiro tema que tratamos foi a fallida investidura de Pedro Sánchez e o tempo novo que se abriu.

Dixen que tras o fracaso de Sánchez que non conseguiu máis que 131 apoios, é a quenda de buscar novos acordos e que por iso o presidente do Goberno en funcións, Mariano Rajoy, chamará primeiro ao líder socialista esta mesma semana, para volver tentar un diálogo para a gran coalición de forzas moderadas, e que se quere ir acompañado do líder de Cidadáns, Albert Rivera, el non terá ningún inconvinte.

Afirmei que é antidemocrático o negarse a falar co partido gañador das eleccións e que Cidadáns debe ser consciente da súa representación o Congreso que é a do cuarto partido en apoio.

Tamén falamos da decisión tomada onte polos socialistas galegos de frear a elección do seu candidato á Xunta, polo menos ata que se aclare como se resolve a gobernabilidade do Estado, e pospoñendo ata o verán a chamada os seus militantes ás urnas para o proceso de primarias.

Dixen que apoio que lle deu onte Caballero a Besteiro ten que ver co feito de que ambos comparten a condición de investigados en procesos xudiciais abertos nestes momentos.

Falei de que nin o PPdeG nin o PSOE teñen un candidato designado para optar á presidencia da Xunta pero a diferenza está en que os populares coincidimos en que Feijóo é un gran candidato mentres os socialistas parecen coincidir en que Besteiro non o é.

Engadin que mentres o PP en Galicia realiza unha renovación interna moi intensa – este fin de semana dous congresos provinciais - os socialistas debaten fórmulas para non acometer ese proceso que tan necesario é nos partidos.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.