Interveño esta mañá no faladoiro de Radio Voz que modera Antía Díaz Leal e na que comparto micrófono con Luisa Cid, Pepe García e Carme Adán.
En primeiro lugar falamos das discrepancias entre o Goberno e o Congreso dos Deputados en relación coa negativa do Partido Popular a someterse a actividades de control.
Dixen que Goberno en funcións é un Goberno que cesou. Así o establece o artigo 101 da Constitución, que prevé que tras a celebración das eleccións, o Goberno cesa automaticamente e mantense en funcións ata a toma de posesión do novo Goberno.
Engadín que un Goberno en funcións non pode nin debe someterse ao control parlamentario das cámaras por razóns de estrita legalidade. Desde o punto de vista xurídico e constitucional, é un sinsentido que o Goberno da décima lexislatura sexa controlado polo Parlamento da undécima lexislatura.
Dixen que nas nosas 10 lexislaturas de democracia, ningunha cámara pretendeu controlar a un Goberno en funcións ao que non outorgara a súa confianza. Tampouco existen precedentes nun ámbito parlamentario distinto do nacional -como, por exemplo, é o autonómico- en recentes casos de investiduras prolongadas. Así ocorreu en Andalucía, con Susana Díaz, e en Cataluña, con Artur Mas, nos que ningún dos dous Parlamentos exerceu o control sobre o Goberno autonómico en funcións.
Afirmei que o control parlamentario que o partido socialista e outros grupos da Cámara queren exercer sobre un Goberno en funcións é un novo exemplo de incongruencia. Os mesmos que se escandalizarían de que un Goberno en funcións adoptase decisións políticas, pretenden exercer o control político dun Goberno en funcións.
A continuación abordamos o tema da crise humanitaria motivada polo desprazamento de miles de persoas que foxen do terror e a guerra nos seus países de orixe e buscan un espazo de protección, seguridade, liberdade e respecto aos dereitos humanos.
Resaltei a unanimidade conseguida onte na Comisión Mixta da UE fixando a posición que o Goberno en funcións defenderá no próximo cume da UE. O que acredita a vontade do goberno do PP de buscar un consenso político.
Unha declaración na que manifestamos a nosa oposición á adopción de calquera acordo con Turquía que estableza expresa ou indirectamente a posibilidade de proceder a expulsións colectivas a territorio turco, ou a calquera Estado non membro da Unión Europea.
E na que solicitamos que os acordos sobre o control do fluxo de refuxiados cara a Grecia que se alcancen con Turquía conteñan garantías do cumprimento da legalidade internacional e do respecto aos Dereitos Humanos, incluídos os requisitos da lexislación europea de asilo.
Tamén na que esiximos reforzar os mecanismos de control sobre o efectivo destino da axuda económica en favor dos refuxiados.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta