miércoles, 16 de marzo de 2016

Na Convención sobre o Pacto polo crecemento e o emprego

Asisto esta mañá en Madrid á Convención sobre o Pacto polo crecemento e o emprego.

Convención que foi aberta pola secretaria xeral do Partido Popular, María Dolores Cospedal que asegurou que a súa formación política vai seguir traballando para " ofrecer aos españois o mellor, o real e o eficaz, sen demagoxias nin trampas, polos españois e polo noso futuro".

Cospedal lembrou como no pasado vivimos "tempos moi difíciles", en decembro de 2011 España era unha economía posta en dúbida, o faroliño vermello das economías da zona euro, a intervención da nosa economía podía provocar o fracaso da zona euro, tiñamos unha débeda de 16.000 millóns na Sanidade que facía inviable o noso sistema de saúde pública e a taxa de abandono escolar era próxima ao 30%. 

Na súa opinión, aínda que "queda moito por facer, en España agora pódese falar de emprego de calidade", mentres que no pasado "só podíase falar de frear a hemorraxia que tiña o mercado laboral español". 

Daquela o secretario nacional de Economía do PP e director da Oficina Económica do Presidente do Goberno, Álvaro Nadal, moderou a mesa "A competitividade de España en Europa e no mundo" e puxo en valor a importancia da competitividade e a exportación para  apontoar o desenvolvemento do noso país e sinalou que "se houbese un pacto de tres partidos políticos para formar un pacto de goberno no económico, estas deberían ser as dúas palabras máis repetidas nese pacto".

Afirmou que  "España será máis e consumirá máis porque é capaz de vender. España non é rica polo que consome senón que consumirá se é rica", e engadiu que  "España produce e vende e con iso pode comprar, e o consumidor español vai ao supermercado e compra de todo porque ten rendas que lle permitiron comprar". Todo iso, nun mercado como o español onde o terzo do consumo dos fogares procede do que compramos ao exterior, polo que hai que garantir que o sector produtivo sexa capaz de non depender só da demanda interna.

O debate sobre a competitividade española en Europa e no mundo contou coa participación dos expertos Rafael Domenech, do Servizo de Estudos do BBVA; José Luis Bonet, presidente da Cámara de Comercio de España; José María Marín, do Consello Asesor de Aief; e o economista Daniel Lacalle. 

Todos eles coincidiron na importancia do sector exterior para seguir avanzando no crecemento económico. 

Así, Domenech resltó que "por primeira vez, en España fomos capaces de crear emprego sen afectar á balanza comercial" durante os últimos anos, mentres que Lacalle ha lembrou que "España foi unha sorpresa para todos" polos seus resultados económicos. Iso si, pediu que se lancen "mensaxes inequívocas" en política e non caian en experimentos, algo no que coincidiu Bonet ao aseverar que "a garantía de éxito está na estabilidade política e social". Por último, Marín centrouse no sector bancario, do que considerou que "a política financeira non pode ser un obstáculo na política que debe facerse".

A continuación a ministra de Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez, moderou a segunda sesión da Convención, bajo o título "Fortalecemento do talento, o emprego e a iniciativa empresarial". Na súa intervención defendeu que "o éxito da sociedade española tradúcese na creación de emprego, que é a fonte de todas as oportunidades". Explicou que "o emprego constrúese en equipo, cos traballadores, coas empresas, coas pemes, cos autónomos, cos interlocutores sociais, coas familias, con toda a sociedade no seu conxunto". 

Na súa intervención subliñou que grazas ao emprego "teremos garantido o mellor que temos como sociedade os españois, que é o noso modelo de benestar, que superou unha das crises máis difíciles que pasou en décadas a sociedade española". "O noso modelo de benestar está aí e ímolo a robustecer co esforzo e co compromiso de todos", engadiu.

Na súa mesa interviñeron José María Fidalgo, ex secretario xeral de Comisións Obreiras e presidente do Foro Negocia do IE; Juan Luís López Cardenete, profesor de Dirección Estratéxica do IESE; Mercedes Ayuso, catedrática da Universidade de Barcelona; e Lorenzo Amor, presidente de ATA.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta