martes, 8 de marzo de 2016

A negociación para alcanzar un acordo de Goberno debe comezar co "contador a cero"

Destaco nesta entrada, as declaracións efectuadas hoxe despois da reunión do Comité de Dirección do PP polo vicesecretario de Comunicación do Partido Popular, Pablo Casado, que explicou que "o PP non está en funcións e retoma a iniciativa coa man tendida" e co obxectivo de alcanzar un acordo de Goberno. Para iso, o PP celebrará cinco convencións sobre crecemento e emprego; unidade de España, educación, benestar social e vertebración de España que desenvolverán os pactos de Estado propostos polo presidente Rajoy.

Pablo Casado subliñou que o seu partido "non vai perder o tempo" e organizará tamén un acto con alcaldes de menos de 5.000 habitantes e outro acto, con presidentes de deputacións provinciais ao que asistirá Mariano Rajoy, para poñer en valor esas institucións.

Dixo que a negociación para alcanzar un acordo de Goberno debe comezar cun "folio en branco", co "contador a cero", porque volveron ao "punto de partida", tras a investidura errada da semana pasada.

"Non podemos sentarnos a negociar sobre un documento que supón unha emenda á totalidade e a derrogación das principais políticas da lexislatura: reforma educativa, reforma laboral, prisión perpetua revisable ou a lei de seguridade cidadá; ou que consagra subidas de impostos, suprime o teito de déficit consagrado na Constitución", entre outras cousas, detallou.

"Non sería xusto nin partir do noso documento, nin partir do deles", salientou.

Neste sentido, o vicesecretario de Comunicación anunciou unha pronta chamada de Mariano Rajoy a Pedro Sánchez e Albert Rivera, por separado, "por respecto aos votantes doutros partidos". "O PSOE debe decidir entre o PP e Podemos. Pedro Sánchez tivo a semana pasada a crónica da investidura errada e ten a mesma cantidade de escanos que o 20 de decembro. A iniciativa correspóndelle ao Partido Popular" , engadiu. 

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta