Un discurso decepcionante de Sánchez que só convenceu aos convencidos

Asisto hoxe no hemiciclo do Congreso dos Deputados á primeira xornada da Sesión de Investidura de Pedro Sánchez, candidato á Presidencia do Goberno, que se someterá á primeira votación mañá, mércores, ao termo do debate. 

Como todos escoitei un discurso de preto dunha hora e 40 minutos, que me pareceu decepcionante e claramente orientado á autopromoción persoal dentro do propio partido socialista e que non concitou máis apoios que os que xa estaban previstos, é dicir do GPS e o dos corenta deputados de C´s. 

Frases ampulosas, vacuas e moita retórica buenista, pero nin unha soa liña de autocrítica ás políticas dos gobernos socialistas que levaron a España en 2011 á crise económica máis profunda que xamais vivimos, e que non obrigou a efectuar na pasada lexislatura profundas reformas para reverter a situación.

Pintou Sanchez un España en branco e negro, que non se corresponde coa realidade e non tivo a xenerosidade de recoñecer nin un só mérito do goberno do PP na recuperación económica e a creación de emprego.

E respecto do seu contido expúxonos algunhas iniciativas que podemos compartir pero outras que provocan o noso rexeitamento, por exemplo a reforma constitucional para ir a un Estado federal, a formulación dun estado laico ou a derrogación da LOMCE e da Reforma Local. 

E tamén por exemplo en relación coas subidas de impostos, ou a reforma do mercado laboral con iniciativas que pensamos frearán a creación de emprego e xerarán máis desemprego.

Chamou poderosamente a omisión de calquera referencia á proposta de supresión das Deputacións Provinciais.

Mañá, ás 9,00 horas, renovarase o Pleno para que expoñan a súa posición os representantes dos grupos parlamentarios, de maior a menor, salvo o grupo ao que pertence o candidato á Presidencia, que o fai en último lugar. 

Os grupos teñen media hora na súa primeira intervención, e dez minutos nunha quenda de réplica. O candidato pode responder sen límite de tempo.

E comezará o presidente do Grupo Popular: Mariano Rajoy. Será enton cando poderemos falar de un debate, o de hoxe foi un monólogo.

Achego un enlace de acceso a unha entrevista realizada en Radio Galicia Cadena Ser, por Aida Pena,  ás 20,20 horas, rematada a citada sesión::

http://play.cadenaser.com/audio/008RD010000000175747/

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.