A Xunta Directiva do PPOU aproba a celebración de seis congresos locais nos próximos dous meses

Asisto onte en Cea a primeira reunión da xunta directiva do Partido Popular de Ourense, logo do congreso provincial celebrado o 5 de marzo, cumprindo así o presidente un dos compromisos que figuraban no seu programa de intencións, como era facer xuntanzas itinerantes dos órganos de goberno polo territorio provincial.

Nela foi aprobada a celebración, no mes de abril, dos congresos de Ourense Cidade e Novas Xeracións, así como outros seis congresos locais que tamén se estenderán ata maio.

Así a cita en Ourense Cidade queda para o 16 de abril e a de Novas Xeracións o día 23. Na provincia, os congresos locais celebraranse o día 14 de abril en Carballeda de Avia; o día 21 en Pobra de Trives; Lobeira o 28; Os Blancos o 29; e xa no mes de maio os de Pontedeva (día 5) e A Gudiña (día 6).

Ante a xunta directiva, o presidente provincial quixo deixar constancia da súa satisfacción polo compromiso do presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, de celebrar, por primeira vez en Ourense, o congreso autonómico. O líder dos populares galegos aceptaba así a proposta pública que Manuel Baltar lanzoulle no seu discurso xa como presidente dos populares ourensáns.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.