A capital de Europa, Bruxelas sufriu hoxe a brutalidade do terrorismo máis salvaxe e desapiadado, dirixidos a todos os seres humanos no seu conxunto, como o acredita a elección como escenario dos atentados, un aeroporto e unha estación do metro.
Expreso a miña solidariedade co pobo belga, coas familias dos falecidos e cos feridos e súmome ás palabras do presidente do Goberno en funcións, Mariano Rajoy, apelando á unidade de todos para loitar contra a ameaza terrorista e anzado unha mensaxe de tranquilidade e de confianza nas forzas e corpos de seguridade do Estado.
Como subliñou, o Presidente, estes atentados van "contra todos, contra a nosa forma de ser e de entender a vida e, sobre todo, vai contra o máis importante que temos como seres humanos, que é a vida, a liberdade e os nosos dereitos como persoas".
Sinalou que ao terrorismo combáteselle "con moita perseveranza, con moita determinación, con moita coraxe e non baixando a garda nunca e dedicándolle moitos medios". Apelou tamén á unidade política: "Unidade total, dentro dos países nacionais e solidariedade entre todos os países".
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta