Participo esta mañá en Ourense nun dos miles de actos que hoxe se celebraron no mundo para condenar os terribles atentados perpetrados onte en Bruxelas e transmitir todo o noso agarimo e solidariedade a todas as familias afectadas e o noso duelo polas vítimas.
Tivo lugar ás portas da Casa do Concello, onde estaba o alcalde Jesús Vázquez, varios dos concelleiros dos diferentes grupos políticos da corporación, o meu compañeiro deputado Miguel Viso, así como outras representacións, e cidadáns que quixeron sumarse a este acto cívico e solidario.
Hoxe en Ourense todos estivemos preto do poblo belga e deixando claro que imos seguir defendendo os nosos principios desde a convicción de que son os mellores e os únicos cos que podemos avanzar na defensa da vida e das liberdades públicas.
Quedou acreditado que a unión de todos os partidos é moi positiva para afrontar a loita contra o terror e a necesidade de profundar no pacto antiyihadista.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta