Á primeira hora desta mañá, ben equipado cun chubasqueiro, sain a corer polas marxes do Rio Miño e puiden constatar o asolagamento de paseos, piscinas e termas, como consecuencia da enchente propiciada polas augas desembalsadas desde a presa de Velle, en cantidade superior aos 3.000 metros cúbicos por segundo.
E é que o volume de auga chegada desde o caudaloso río Sil, xunto co do propio Miño, obrigaba a ter as comportas abertas para aliviar a auga.
Era un espectáculo ver a ondada fluvial na contorna da presa e das piscinas de Oira, asi como os paseos a beiras do Miño alagados e cortados ao transito como elemental medida de precacución.
Resalto o bo facer de Protección Civil que tiña moi ben sinalizadas as zonas máis proximas á canle (incluída a praia da Antena), asi como a presenza da Policía Local.
Esperemos que cesen as intensas choivas e que o Miño volva á normalidade, devolvendo a tranquilidade aos ribeireños.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta