O 2 de marzo terá lugar o inicio do debate de investidura

Acabamos de coñecer que o presidente do Congreso dos Deputados, Patxi López, propuxo o 2 de marzo como de inicio do debate de investidura, tras reunirse con Pedro Sánchez, secretario xeral do PSOE e candidato á Presidencia do Goberno.

A sesión de investidura, prevista no artigo 99 da Constitución e regulado nos artigos 170 a 172 do Regulamento do Congreso dos Deputados, comeza coa intervención do presidente do Goberno, que expón ante a Cámara o programa do Goberno que pretende formar e solicita ao Congreso a confianza para facelo. 

Os representantes dos distintos grupos parlamentarios toman a palabra despois para expor a súa posición, e o candidato á investidura respóndelles, e pode facelo un por un ou de forma agrupada.

Finalizado o debate realízase a primeira votación, na que o candidato necesita o apoio da maioría absoluta da Cámara, é dicir, 176 deputados, para ser elixido presidente do Goberno. 

Se non a obtén, realizarase unha nova votación pasadas 48 horas, e o candidato será investido presidente se obtén maioría simple, máis votos a favor que en contra. 

No caso de que a Cámara non outorgase a confianza ao candidato, El Rey volvería presentar unha candidatura polo mesmo procedemento, e repetiríase a fórmula do debate de investidura. 

No caso de que pasados dous meses desde a primeira votación (3 de maio) ningún dos candidatos propostos é elixido, teríanse que convocar novas eleccións. 

Neste caso sería o presidente do Congreso o que sometese á firma do Rey o Decreto de disolución das Cortes Xerais e de convocatoria de eleccións xerais, que poderían ser o 26 de xuño, seis meses despois do 20-D.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.