jueves, 18 de febrero de 2016

En 2015, España acada un récord de exportacións de bens

Hoxe o Ministerio de Economía e Competitividade dá conta dos resultados de Comercio Exterior correspondentes ao pasado exercicio.

As exportacións españolas de mercadorías creceron un 4,3% interanual en 2015 (1,8 puntos superior á do ano 2014, 2,5%) ata alcanzar os 250.241,3 millóns de euros, o valor máis alto desde o inicio da serie histórica. En termos de volume, o aumento foi do 3,7% descontando o crecemento do 0,6% dos prezos aproximados polos Índices de Valor Unitario (IVUs).

As importacións, pola súa banda, creceron un 3,7%, ata os 274.415,2 millóns de euros. En termos de volume, o aumento foi maior, dun 6,4%, xa que os prezos diminuíron un 2,5%.

Como resultado, en 2015 o déficit comercial alcanzou os 24.173,9 millóns de euros, un rexistro 1,2% inferior ao de 2014 e o segundo valor máis baixo desde 1998, só por detrás do dato de 2013 (-16.532 millóns de euros). A taxa de cobertura situouse no 91,2%, 0,5 puntos por encima de 2014 (90,7%). 

O saldo non enerxético arroxou un superávit de 1.911,7 millóns de euros (13.599,3 millóns de euros en 2014) mentres que o saldo enerxético rexistrou unha mellora do 31,5% (redución do déficit enerxético), favorecida pola caída dos prezos da enerxía.

O rexistro de exportacións de España en 2015 supera o dato da zona euro (4,2%). 

Por países, as exportacións españolas han crecido máis que as de Francia (4,0%), Italia (3,7%) e Reino Unido (-1,7%), aínda que o fixeron en menor medida que as de Alemaña (6,4%). O crecemento da UE-28 foi do 4,8% mentres que, fóra da UE, as exportacións de Estados Unidos retrocederon un 7,1%, e as de Xapón creceron un 3,5%.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta