Aprobado o proxecto de trazado da Circunvalación de O Barco de Valdeorras

Hoxe publica o BOE o anuncio da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia sobre a Resolución do Ministerio de Fomento pola que se aproba o "Expediente de Información Pública e definitivamente o proxecto de trazado "Conexión entre as estradas N-120 e N-536. Tramo: Sobradelo - O Barco de Valdeorras", incoado por Resolución do 25 de febreiro de 2015, cun conxunto de prescricións a cumprimentar no Proxecto de Construción.

A lonxitude da actuacion é de 5,6 km e o orzamento estimado para a execución das obras de 59,7 M €.

Características Técnicas:

Informa o Ministerio que o presente proxecto redáctase coa finalidade de resolver a conexión entre as estradas N-536 e N-120 nas proximidades da localidade do Barco de Valdeorras, cumprindo desta forma dúas funcións: 

-   Servir como variante de poboación que evite o paso polo interior do núcleo úrbano, especialmente dos vehículos pesados. 

-   Mellorar as comunicacións de toda a comarca de Valdeorras.

No tramo obxecto deste proxecto deséñanse tres nós: unha intersección en T ao comezo do proxecto (na confluencia da propia N-536 coa OU-122), unha intersección en T con carrís de espera e cambio de velocidade (no P.K. 3+450) e unha ligazón ao final do tramo, que serve de conexión coa N-120, e que consiste nunha glorieta elevada.

Ao longo do trazado proxéctanse un total de 9 estruturas: 5 viadutos, 3 pasos superiores e un paso inferior. Destaca o viaduto sobre o río Sil, de 410 m de lonxitude. Tamén se proxecta un túnel de 490 m de lonxitude que atravesa o monte Ou Serro.

O proxecto inclúe medidas de integración ambiental e protección do patrimonio cultural, así como un paseo peonil e ciclista segregado ao longo da N-536.

Unha vez más o goberno do PP cumpre os compromisos contraídos con esta comarca, impulsando esta necesaria estrada de circunvalación. Agora toca finalizar a redacción do proxecto cosntrutivo, para despois iniciar as expropiacións e licitar a obra. Nos PGE para 2016 hai unha partida de 1 millón de euros.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.