Constitución das Comisions Parlamentarias da XI Lexislatura

Nova Mesa da Comisión de Fomento
Hoxe no Congreso participei na constitución das comisións Permanentes Lexislativas de Industria, Enerxía e Turismo; Fomento; e de Economía e Competitividade.

Na sesión constitutiva de cada unha delas foi elixido, co mesmo procedemento que na elección da Mesa do Congreso, ao presidente, os vicepresidentes e os secretarios de cada unha delas.

Así, cada Comisión celebrou unha primeira sesión, presidida por unha membro da Mesa do Congreso, na que se realizaron as votacións, en urna e por chamamento. Para elixir o presidente, cada deputado escribiu pun nome na papeleta. E foi elixido o que obtivo maioría absoluta en primeira votación.

Para os dous vicepresidentes, realízouse outra votación co mesmo sistema. Cada deputado escribe un nome na papeleta, e resultan elixidos os dous con máis votos. O proceso repítese para designar aos dous secretarios.

Cosmo adiantaba onte, fun elixido vicepresidente segundo da Comision de Fomento.

Funcións das Comisións:    
  
As Comisións son órganos de traballo cunha participación esencial nos procedementos lexislativos, co estudo, emenda e aprobación de proxectos e proposición de lei; de orientación política, xa que tramita proposicións non de lei; e de control parlamentario, coa petición de información e comparecencia a membros do Goberno e da Administración.

Na primeira das funcións constitucionais do Parlamento, a lexislativa, as comisións tramitan os proxectos e proposicións de lei que lles encomende, de acordo coa súa respectiva competencia, a Mesa do Congreso. No seo da comisión créase un grupo reducido de deputados, o relatorio, que se encarga de revisar en primeira lectura as iniciativas lexislativas, e á vista do texto e das emendas ao articulado elabora un informe que se eleva á Comisión.

En Comisión debátense e votan o texto lexislativo e as emendas, e apróbase un ditame. Por regra xeral, o texto aprobado en Comisión, cando non se trata de proxecto ou proposición de lei orgánica nin se decidiu expresamente que vaia a Pleno, continúa a súa tramitación no Senado.

As Comisións poden pedir documentación ou acordar a comparecencia de persoas da Administración, de expertos ou de representantes de colectivos afectados ou implicados na materia sobre a que está a lexislar para escoitar as súas propostas.

As Comisións deberán concluír a tramitación de calquera asunto nun prazo máximo de dous meses, excepto naqueles casos en que a Constitución ou este Regulamento impoñan un prazo distinto ou a Mesa da Cámara, atendidas as circunstancias excepcionais que poidan concorrer, acorde amplialo ou reducilo.

Polo que respecta ás funcións de control, as Comisións, por conduto do presidente do Congreso, poderán solicitar a información e a documentación que precisen do Goberno e das Administracións Públicas; así como a presenza ante elas dos membros do Goberno para que informen sobre asuntos relacionados cos seus respectivos Departamentos.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.