jueves, 11 de febrero de 2016

No faladoiro de Radio Voz

Interveño hoxe no faladoiro de Radio Voz que dirixe Antía Díaz Leal e no que participaron Esteban Rico, Domingos Sampedro, e Breogan Riobóo.

O primeiro tema que tratamos foi a crise de Podemos en Galicia que afecta directamente ao seu secretario xeral, o hoxe tertuliano Riobóo xa que a Executiva estatal aprobou unha unha xestora para Galicia ante as discrepancias políticas sobre o modo no que habería que presentarse ás próximas eleccións autonómicas.

Sobre esta cuestión dixen que queda máis que claro que Podemos é un partido centralista con referentes únicos en Madrid, e que impón ese centralismo montando xestoras alí onde os seus dirixentes expresan a súa lexítima opinión aínda que non coincida coa de Pablo Iglesias e o núcleo duro da Complutense.

Dixen que é preocupante diante dos próximos comicios autonómicos ver como una das pezas da coalición “En Marea” vive esta falta de democracia, nesta permanente inestabilidade e con constantes discrepancias ideolóxicas e estratéxicas.

A continuación falamos das posicións expresadas polo PP e Mariano Rajoy en relación coa entrevista que hoxe mantiña co líder de Cidadáns.

Comecei a miña intervención sobre este punto, lembrando que nas pasadas eleccións do día 20 de decembro, o PP obtivo 123 deputados; 90 o PSOE; 69, Podemos e confluencias; e 40 C´S.

É dicir, o PP ten 1.700.000 votos máis que a segunda forza política, que é o PSOE. O PP ten 33 escanos máis no Congreso que a segunda forza política, que é o PSOE. O PP ten maioría absoluta e dobra en senadores no Senado á segunda forza política, que é o PSOE.

O PP gañou as eleccións en 39 das 52 provincias españolas, en 13 dos 17 CC.AA. e nas Cidades Autónomas de Ceuta e Melilla.

E con estes resultados que son a expresión da vontade dos españois, pretender gobernar contra o PP é antidemocrático.

Lembrei que ao día seguinte da celebración das eleccións, o 21 de decembro o partido popular expresou a súa posición de que en España, nesta situación, debía haber un goberno do PP, apoiado polo grupo parlamentario de Populares, Socialistas e Cidadáns.

Dixen que con minoría non se pode gobernar e que o menos que convenlle a España, nos momentos en que vivimos e co que pode vir no futuro, é un goberno débil que non teña a posibilidade de sacar os seus proxectos adiante.

Engadín que ás tres forzas políticas uniulles -polo menos ata o momento- por exemplo o respaldo á Constitución española, a unidade de España, a soberanía nacional, a igualdade de todos os españois, o proxecto europeo, o pacto contra o terrorismo e, mesmo, os obxectivos de crecemento e emprego, aínda que podamos ter discrepancias nos medios para alcanzalo ou o mantemento do noso estado de benestar.

Dixen que un goberno apoiado por 253 deputados permitiríanos facer e por consenso, porque sería obrigado, as grandes reformas que necesita o noso país nos próximos anos.

Un goberno que debería perseguir cinco grandes obxectivos:

O primeiro e máis importante é a defensa da nación española porque existe unha ameaza independentista en Cataluña. Propoñer como fai o PSOE nunha liña unha reforma da Constitución para a cal non ten nin votos nin apoios e non dicir, nin fixar entre os seus grandes obxectivos o mantemento da unidade nacional, da soberanía nacional, situarse con claridade como fai a Constitución en contra do dereito de autodeterminación, é unha enorme irresponsabilidade.

O segundo será crecer e crear emprego, foino nesta lexislatura e ten que seguir séndoo no futuro. Cando nós chegamos ao Goberno, o crecemento económico en España era -2,1, era negativo, hoxe é +3,2, o crecemento máis elevado de todos os grandes países da UE. O paro aumentaba ao ritmo do 10% anual, agora redúcese ao 8% anual.

 O terceiro gran obxectivo ten que ser manter e mellorar os grandes alicerces do Estado de Benestar, as pensións, a sanidade, a educación, a dependencia e as atencións sociais.

 O cuarto gran obxectivo ten que ser facer fronte a unha das grandes ameazas que temos moitos países no mundo e que a vemos confirmada cada día, é a loita contra o terrorismo aquí e fóra de aquí.

E o quinto ten que ser a loita contra a corrupción.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta