martes, 9 de febrero de 2016

Sobre as propostas de nomeamentos parlamentarios ourensáns do GPP nas Comisións parlamentarias

Hoxe celebramos unha reunión Plenaria do GPP que serviu para dar a coñecer os nomeamentos e as propostas de nomeamentos do GPP nas Comisións parlamentarias previstas no Regulamento,  do Congreso dos Deputados.

As Comisións están integradas por 43 deputados, dos que 15 serán do Grupo Popular, 11 do Socialista; 8 de Podemos-En Comú Podem-En Marea; 5 de Cidadáns; 1 de Esquerra; 1 de Democràcia i Llibertat; 1 do PNV e 1 do Grupo Mixto, de modo as súas votacións respondan o peso de cada un dos grupos parlamentarios no Hemiciclo. 

Son os grupos parlamentarios os encargados de decidir que deputados formarán parte de cada Comisión, e a quen nomean como os seus portavoces nas mesmas, así como que propoñen ao candidato  presidente, vicepresidentes e secretarios de cada unha delas.

No meu caso o Grupo Parlamentario Popular proponme para ser vicepresidente segundo da Comisión de Fomento e ademais voceiro adxunto na Comisión de Economía. Ademais formarei parte como vocal da Comisión de Industria, Enerxía e Turismo.

Polo que respecta a Miguel Ángel Viso foi proposto para a vicepresidencia segunda da comisión de Agricultura, Alimentación e Medio ambiente e tamén exercerá como voceiro adxunto da comisión para o Estudo do Cambio Climático, tarefas ás que engadirá unha vocalía na comisión de Fomento.

En canto ao Senado, Miri Barreira asumirá o labor de voceira da comisión Constitucional e senllas vocalías nas de Comunidades Autónomas, Emprego e Seguridade Social e Asuntos Iberoamericanos.

A vicepresidencia primeira da comisión de Sanidade e Servizos Sociais tamén terá representante ourensán con Francisco José Fernández Pérez, que ademais será vocal na comisión de Suplicatorios e Entidades Locais.


Carmen Leyte, entre tanto, será a presidenta da comisión de Peticións e vocal suplente na Deputación Permanente.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta