sábado, 16 de enero de 2016

Os españois demandaron nas urnas é un entendemento amplo entre os grandes partidos constitucionalistas

Despois de que o  presidente do Congreso dos Deputados, Patxi López, visitase o Palacio da Zarzuela para comunicar ao Rey Felipe VI a constitución da Cámara da XI lexislatura, e informarlle  de cales son as forzas políticas que obtiveron representación parlamentaria, teremos a próxima semana o importante trámite de consulta do Rey cos  representantes designados por cada unha delas, para despois de finalizar propoñer un candidato á presidencia do Goberno.

Todo indica que o candidato proposto será o que obtivo a maioría máis numerosa nas pasadas eleccións, Mariano Rajoy que conta con 122 dos 350 escanos.

O noso Partido considera que o mellor Goberno posible é o formado por unha gran coalición do Partido Popular, PSOE e Cidadáns porque o cambio que pediron os españois non é un Goberno radical de esquerdas cos independentistas, senón un Goberno amplo que dea respostas aos grandes desafíos aos que se enfronta o noso país.

O que os españois demandaron nas urnas é un entendemento amplo entre os grandes partidos constitucionalistas. Calquera outra postura contribuiría a facer o xogo ao radicalismo. O cambio que nos esixen os cidadáns é un pacto pola concordia, un pacto polo que nos une.

Aritméticamente, o líder socialista Pedro Sánchez podería ser investido presidente do Goberno co apoio ou a abstención favorable nada menos que de oito partidos distintos, moitos deles radicais ou independentistas, que comparten, todos eles, a ruptura da soberanía nacional, a desvertebración de España e a quebra da igualdade de todos os españois.  

Así  Sánchez podería ser investido, pero cosa moi distinta é gobernar. Seica cre Sánchez que, necesitando o apoio constante de partidos desleais a España, podería aprobar unha soa reforma das que necesita o noso país? Podería seica cumprir cos obxectivos de estabilidade acordados con Bruxelas? Podería dar confianza aos investidores, certidumbre aos emprendedores e moderación á política española? A resposta é non. 

A cesión de catro senadores do PSOE para que dous grupos independentistas poidan ter grupo parlamentario propio no Senado é unha mensaxe equivocada aos españois. É unha mensaxe propia dunha política errática e de cesión inexplicable a dúas formacións cuxas primeiras iniciativas parlamentarias serán sobre o dereito de autodeterminación e a disolución da Cámara Alta. 

O Partido Socialista debe cimentar o futuro de España inspirándose no espello dos seus mellores momentos: aqueles en os que o interese xeral dos españois e o sentido de Estado primou sobre consideracións partidistas ou persoais. 

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta