Hoxe informa Renfe que pon en circulación un novo tren que permite ida
e volta a Madrid desde Santiago no mesmo día a un prezo de 25 euros por
traxecto. O resto de servizos pódense adquirir a un prezo promocional de 30
euros
18/01/2016 Renfe mellorará os servizos ferroviarios a
Galicia grazas á posta en funcionamento do tramo de 98 km de vía de altas
prestacións entre Olmedo e Zamora.
O principal obxectivo do Plan Galicia 2016 é converter
o tren no principal modo de transporte para os desprazamentos de longo
percorrido desde Galicia ao resto de España. Para iso aproveitarase a mellora
nos tempos de viaxe para evolucionar cara a un servizo vertebrado na liña de
alta velocidade, alimentado pola rede convencional, que dispón de maior
capilaridade e acceso a poboacións de menor tamaño.
Co Plan Galicia 2016 que pon en marcha Renfe,
redúcense os tempos de viaxe no traxecto con Madrid entre 25 e 30 minutos,
increméntase o número de frecuencias dos trens e aumentan as prazas e as
oportunidades de viaxe ao longo do día en ambos os sentidos. Os billetes
poñeranse á venda o próximo 19 de xaneiro e os novos servizos comezarán a
funcionar o 1 de febreiro.
Mellora dos tempos de viaxe entre Galicia e Madrid
Coa posta en funcionamento da nova infraestrutura
reducirase a duración do traxecto entre 20 e 30 minutos en función das paradas.
Redúcese tamén a viaxe a Ferrol en 47 minutos grazas ao novo encamiñamento do
servizo por Santiago, a A Coruña em 30 minutos, a Ferrol en 47 minutos, a Lugo en 26 minutos,a Ourense en 23 minutos, a Santiago de Compostela en 30 minutos, a Pontevedra en 24 minutos e a Vigo en 23 minutos
Un incremento do 100% no número de frecuencias diarias
entre Madrid e Galicia
Doutra banda, realízase unha importante aposta por
incrementar a oferta de frecuencias de horarios nos servizos diúrnos. Os
servizos ferroviarios que conectan Galicia e Madrid pasarán dos 4 actuais por
sentido (tres diúrnos e un nocturno) a 7 por sentido (seis diúrnos e un
nocturno) multiplicando por dous as posibilidades de viaxe diúrnas entre Madrid
e Galicia.
315.000 novas prazas, un 30% máis das prazas actuais.
Á oferta actual vánselle a sumar 315.000 novas prazas,
o que supón un incremento do 30% sobre as prazas actuais. A nova configuración
do servizo permitirá dobrar as prazas en determinados trens para determinados
destinos durante os fins de semana e os períodos punta de demanda.
Novo Alvia a 25 € por traxecto entre Galicia e Madrid
para unha ida e volta no día
O Plan Galicia 2016 incorpora unha nova frecuencia
desde Galicia con Madrid. Con este novo servizo será posible viaxar no mesmo
día a Madrid, con saída de Santiago ás 5:15 horas e chegada a Madrid ás 10:23
horas, e en sentido inverso sairá de Madrid ás 18:50 horas e chegará a Santiago
ás 23:59 horas.
Este novo tren arrinca cun prezo de 25 euros por
traxecto para responder as expectativas e ao comportamento da demanda de
primeira e última hora.
Campaña promocional de prezos
Ademais Renfe lanza co Plan Galicia 2016 unha campaña
promocional ata o 17 de marzo na que se poderán comprar os billetes a prezos
fixos de 25 e 30 euros por traxecto dependendo da orixe-destino.
Esta promoción será válida para os billetes que se
compren ata o 7 de febreiro. Unha vez transcorrido este período, implantarase a
política de prezos promocionais habitual de Renfe.
Recibirá resposta