No décimo aniversario da elección de Feijóo como presidente do PP de G

Hoxe son varios os medios de comunicación de Galicia que dan conta de que hoxe e o décimo aniversario do Congreso do PP de G celebrado o 15 de xaneiro de 2006 no que se produciu a substitución de Manuel Fraga na presidencia do Partido, pola elección de Alberto Núñez Feijóo.

Un Congreso precedido por un disputado proceso de elección de compromisarios que elixían democraticamente entre catro candidatos: Xosé Cuiña,  Enrique López Veiga, José Manuel Barreiro e o propio Núñez Feijóo.

Finalmente  só Barreiro e Feijóo superaron o limiar de compromisarios esixidos para presentar a candidatura á presidencia do Congreso, e finalmente confluíron e unha soa que obtivo un respaldo de nada menos que o 96 % dos compromisarios.

Un Congreso ao que tamén asistiu o hoxe presidente do Goberno en funcións Mariano Rajoy, e no que eu tamén participei, como o acredita esta foto que hoxe publica La Voz de Galicia.

Dez anos despois daquela data considero que acertamos plenamente nesa elección e que Feijó foi e é un gran presidente do PP de G e tamén da Comunidade Autónoma Galicia, o que lle proxecta como un dos políticos con maior presente e futuro deste País.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.