jueves, 14 de enero de 2016

Ecos da sesión constitutiva do Congreso dos Deputados

Hoxe a maioría dos medios de comunicación realizan amplas valoracións da sesión constitutiva do Congreso dos Deputados, que foi todo menos rutineira.
En calquera caso serviu para que se vise con claridade os modos e actitudes dos representantes políticos elixidos polos votantes fai non menos dun mes.
Limitareime nesta entrada a pedir a todos os que onte adquiriron a condición plena de deputados: respecto e cordialidade.
Os electores galegos decidiron democráticamente o pasado 20 de decembro que Galicia aporta ao Congreso 23 deputados. 15 deles estréanse e 8 continuamos.
Quixeron os votantes da nosa Comunidade que o PP  de G teña dez deputados,  que a coalición “En Marea” integrada por Podemos, Anova, Esquerda Unida e Ourense en Común, teña seis deputados, que o PS de G-PSOE aporte outros seis deputados, e un parlamentario Ciudadanos.
Non poden os recentemente chegados de “En Marea” aos que dou a  benvida, arrogarse a representación en exclusiva do pobo galego e desprezar aos que non compartimos o seu programa nin os seus obxectivos.

Sobre este tema escribe en ABC.es un elegante e irónico artigo do xornalista José Luis Jiménez, que reproduzo a continuación.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta