martes, 12 de enero de 2016

Os aeroportos da rede de Aena pechan 2015 con máis de 207 millóns de pasaxeiros, 4,035 os de Galicia

Hoxe coñecemos por Aena, S.A. (a sociedade mercantil estatal que xestiona os aeroportos e heliportos españois de interese xeral) os datos de tráfico correspondente ao ano 2015.

Entre outros, coñecemos os datos dos aeroportos galegos:

O Aeroporto de Santiago de Compostela pecha o ano 2015 co segundo mellor dato da súa historia en tráfico de pasaxeiros ao alcanzar os 2,29 millóns de pasaxeiros.

 Durante o pasado ano, 2.296.248 persoas elixiron o Aeroporto de Santiago para realizar os seus desprazamentos (un 10,2% máis que en 2014), dos cales 2.291.935 utilizaron voos comerciais. Do total de pasaxeiros de voos comerciais, 1.765.779 realizaron traxectos nacionais (un 8,9% máis) e 526.156 internacionais (un 15,2% máis).

En canto ás operacións, en Lavacolla rexistráronse 20.540 voos (un 5,7% máis), dos cales 18.569 foron voos comerciais, 14.219 nacionais (un 6,1% máis) e 4.350 internacionais (un 6,3% máis). O tráfico de mercadorías moveu 2.311 toneladas de carga durante o pasado ano, un 10,1% de incremento con respecto a 2014.

O Aeroporto de A Coruña rexistrou en 2015 un total de 1.025.688 pasaxeiros, superando o millón de pasaxeiros anuais por primeira vez desde o ano 2011. Ao longo de 2015, 1.025.688 persoas elixiron o Aeroporto da Coruña para realizar os seus desprazamentos, un 3,7% máis que no mesmo mes do ano anterior.

Destes viaxeiros, 1.017.044 utilizaron voos comerciais (un 3,8% máis), 893.124 traxectos nacionais (un 3% máis) e 123.920 internacionais (un 9,7% máis). En canto ás operacións, en Alvedro rexistráronse 14.682 voos, dos cales 9.856 foron voos comerciais.

 Destes movementos, 8.252 foron operacións nacionais e 1.604 internacionais. O tráfico de mercadorías moveu na terminal coruñesa máis de 140 toneladas durante 2015, un 131,3% máis.

O Aeroporto de Vigo rexistrou en 2015 un incremento no número de pasaxeiros do 4,9% ao pasar polas súas instalacións 713.563 viaxeiros. Dos 711.750 que optaron por voos comerciais (un 4,7% máis), 673.598 fixérono en voos nacionais e 38.152 en voos internacionais.

En canto ao número de operacións, o Aeroporto de Vigo atendeu, durante 2015, un total de 9.580 voos, dos cales 7.550 foron voos comerciais (6.657 en traxectos nacionais e 893 internacionais).

Ademais, a terminal de carga do aeroporto vigués moveu durante o pasado ano 536 toneladas de mercadoría, un 23,1% máis que en 2014.

Os tres aeroportos galegos alcanzaron no 2015 os mellores resultados comerciais dos últimos anos. Os 4,035 millóns de viaxeiros cos que pecharon o exercicio supoñen 281.756 máis que os conseguidos en 2014 e sitúan ás tres terminais nos seus mellores números desde o 2011.

Sinalar a nivel estatal, que o conxunto dos  aeroportos da rede de Aena  rexistraron 207.414.141 pasaxeiros en 2015, o que supón un crecemento do 5,9% con respecto ao ano anterior e convérteo no segundo mellor ano da historia, tras a cifra alcanzada en 2007 (210,4 millóns de viaxeiros).

Da cifra total de pasaxeiros, 206,6 millóns corresponden a pasaxeiros comerciais, dos que 144.478.983 foron de voos internacionais, un 5,9% máis que no ano 2014, o que supón un récord histórico de viaxeiros, e 62.130.590 de voos nacionais, un 6,1% máis que no ano anterior.

O Aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Barajas foi a instalación que rexistrou o maior tráfico de pasaxeiros da rede, con 46.828.279 viaxeiros, un 11,9% máis que en 2014, sumando así 23 meses consecutivos de crecemento. Con estes datos o Aeroporto consegue pechar o mellor exercicio do últimos catro anos.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta