martes, 12 de enero de 2016

Comeza a funcionar na Comisaría de Ourense a UPR

Destaco nesta entrada, que os medios de comunicación informan que onte comezou a funcionar na comisaría provincial de Ourense, a UPR (Unidade de Prevención e Reacción

Está integrada por once funcionarios: oito axentes, un subinspector e dous oficiais  que estarán inseridos na Brigada de Seguridade Cidadá e que realizarán as funcións específicas desta unidade e que lle son propias, como a prevención, mantemento e, no seu caso, o restablecemento da orde e a seguridade cidadá.

Desde logo unha moi boa noticia, que responde a unha antiga demanda da policía nacional ourensá, necesitada de novos efectivos.

E quero recoñecer o traballo que realizou a que foi deputada popular e vicepresidenta da comisión de Interior, Ana Belén Vázquez, na reivindicación e consecución desta Unidade.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta