EPA IV T. 2015: Nos 12 últimos meses o paro diminuíu en 678.200 persoas, maior descenso do número de parados da serie histórica

Hoxe o INE difunde os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) correspondente ao IV Trimestre de 2015.

Estos son  os principais datos do conxunto de España:

- O número de ocupados increméntase en 45.500 persoas no cuarto trimestre de 2015 respecto ao terceiro (un 0,25%) e sitúase en 18.094.200. En termos desestacionalizados a variación trimestral é do 0,73%. O emprego creceu en 525.100persoas nos 12 últimos meses. A taxa anual é do 2,99%.

- A ocupación sobe este trimestre en 31.200 persoas no sector privado e en 14.300 no público. Nos 12 últimos meses o emprego aumentou en 452.000 persoas no sector privado e en 73.100 no público.

- O total de asalariados con contrato indefinido aumenta en 103.400 este trimestre, mentres que o de asalariados con contrato temporal diminúe en 63.600. En variación anual, o emprego indefinido incrementouse en 170.600 persoas e o temporal en 335.100. O número de traballadores por conta propia sobe en 6.900 este trimestre. Nos 12 últimos meses creceu en 23.300.

- A ocupación aumenta este trimestre na Agricultura (70.200 ocupados máis) e nos Servizos (54.900), e descende na Industria (55.500 menos) e na Construción (24.100). No último ano o emprego subiu en todos os sectores.
Nos Servizos hai 421.500 ocupados máis, na Agricultura 50.800, na Construción 28.100 e na Industria 24.600.

- Por comunidades autónomas, os maiores incrementos de ocupados este trimestre danse en Andalucía (61.300 máis), Comunidad de Madrid (39.400) e Comunitat Valenciana (22.600). En Illes Balears a ocupación baixa en 53.800. No último ano todas as comunidades, salvo Cantabria, incrementan a súa ocupación. Os maiores aumentos obsérvanse en Andalucía (137.500 máis), Comunidad de Madrid (56.700) e Canarias (54.700).

- O número de parados baixa este trimestre en 71.300 persoas (- 1,47%) e sitúase en 4.779.500.

En termos desestacionalizados a variación trimestral é do - 3,66%. Nos 12 últimos meses o paro diminuíu en 678.200 persoas (- 12,43%). É o maior descenso do número de parados da serie histórica da EPA.

- A taxa de paro sitúase no 20,90 %, o que supón 0,29 puntos menos que no trimestre anterior. No último ano esta taxa descendeu en 2,81 puntos.

- Por comunidades, as maiores baixadas do paro este trimestre danse en Andalucía (83.600 parados menos), Comunitat Valenciana (22.300) e Canarias (20.100). En termos anuais, as maiores reducións prodúcense en Andalucía (197.400 menos) e Cataluña (87.900).

- O número de activos diminúe este trimestre en 25.800 ata 22.873.700. A taxa de actividade baixa sete centésimas ata o 59,43%. No último ano a poboación activa descendeu en 153.200 persoas.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.