EPA IV T. 2015: En un ano en Galicia o número de parados baixa en 41.100 persoas (un 15,6%) e a taxa de paro 3,2 puntos.

Os datos máis importante da EPA do IV Trimestre de 2015 referidos a Galicia son os seguintes:

No cuarto trimestre de 2015 a poboación galega de 16 ou máis anos situouse en 2.353.800 persoas, das cales 1.255.200 clasifícanse como activas, o que sitúa a taxa de actividade no 53,3%. Con respecto ao trimestre anterior, o número de activos diminúe en 6.700 persoas e a taxa de actividade dúas décimas.

Con respecto ao mesmo trimestre de 2014, o número de activos diminúe en 9.100 persoas e a taxa de actividade faino en dúas décimas.

A ocupación diminúe en 6.500 persoas no cuarto trimestre de 2015 respecto á cifra do trimestre anterior e sitúase en 1.032.500 ocupados. A taxa de ocupación cae dúas décimas neste trimestre ata o 43,9%.

Nos últimos doce meses o número de ocupados aumentou en 32.100 persoas, o que supón unha suba do 3,2% en termos relativos.

Por sexo, neste trimestre baixa a ocupación masculina pero aumenta a feminina: o número de ocupados varóns diminúe en 8.100 persoas respecto ao terceiro trimestre do ano 2015 e a ocupación das mulleres aumenta en 1.600 persoas. En termos de taxas de ocupación, isto tradúcese nunha caída da taxa de ocupación masculina de sete décimas e un incremento de dúas décimas na feminina.

Con respecto ao cuarto trimestre do ano 2014, o número de homes ocupados aumenta en 18.700 persoas (un 3,6%), mentres que o de mulleres ocupadas faino nun 2,8%.

Atendendo aos sectores de actividade económica (segundo a CNAE 2009), o número de ocupados nos servizos baixa en 4.900 persoas no trimestre e sitúase en 732.400 persoas. A industria perde 4.700 empregos con respecto ao trimestre anterior. Por outra banda, aumenta a ocupación na construción (2.600 persoas) e no sector primario (600 persoas)

Con respecto ao mesmo trimestre do ano 2014, o número de ocupados aumenta en todos os sectores de actividade. A ocupación na construción medra un 11,4%, no sector primario un 3,6%, no sector servizos un 2,6% e na industria un 2,5%.

En Galicia había 812.300 asalariados no cuarto trimestre de 2015, 605.200 con contrato indefinido e os 207.100 restantes con contrato temporal. Con respecto ao trimestre anterior rexístranse 9.600 asalariados máis con contrato indefinido, o que supón un incremento do 1,6%. O número de asalariados suxeitos a un contrato temporal baixa en 18.700 persoas (o que supón, en termos relativos, unha caída do 8,3% con respecto ao terceiro trimestre de 2015). No que respecta á variación interanual, os asalariados con contrato indefinido subiron un 1,5% e os asalariados con contrato temporal un 9,2%.

A taxa de temporalidade, calculada como a porcentaxe de asalariados con contrato temporal sobre o total de asalariados, diminúe 2 puntos neste trimestre, ata situarse no 25,5%.

No cuarto trimestre de 2015 en Galicia había 222.700 persoas en paro, cifra moi similar á do trimestre anterior. A taxa de paro mantense no 17,7%.

Con respecto ao cuarto trimestre do ano 2014, o número de parados baixa en 41.100 persoas (un 15,6%) e a taxa de paro 3,2 puntos.

Por sexo, con respecto ao trimestre anterior, aumenta o paro masculino e diminúe o feminino: o número total de homes parados sitúase en 111.300 persoas (700 máis que hai tres meses) e o de mulleres é de 111.400 persoas (900 menos). A taxa de paro masculina aumenta, en consecuencia, 3 décimas e a feminina cae dúas décimas, situándose a primeira no 17% e a segunda no 18,6%.

No cuarto trimestre de 2015, o número de fogares nos que todos os seus membros activos están en paro aumenta en 2.000 unidades e sitúase en 75.100. Respecto ao cuarto trimestre de 2014 esta tipoloxía de fogares cae un 15%.

Pola súa banda, o número de fogares nos que todos os seus membros activos son ocupados aumenta en 1.700 unidades. O número de fogares nesta situación é de 555.500. En relación co mesmo trimestre do ano anterior hai 28.900 fogares máis nesta situación, o que supón unha suba do 5,5% en termos relativos.

No tocante á variación interanual, o número de parados entre o sexo masculino diminúe en 26.700 persoas (un 19,3% menos), e entre o feminino en 14.500 persoas (un 11,5% menos que hai un ano).

Poboación xuvenil:

Dos 332.300 mozos galegos de entre 16 e 29 anos, 116.100 (o 34,9%) están ocupados, 54.800 (o 16,5%) parados e os 161.500 (o 48,6%) restantes son inactivos.

A taxa de ocupación deste colectivo sitúase no 34,9% no cuarto trimestre de 2015. Con respecto ao trimestre anterior cae 3,3 puntos e con respecto ao mesmo trimestre do ano 2014 medra 1,6 puntos.

A taxa de paro xuvenil medrou durante o trimestre 2,5 puntos ata situarse no 32,1%. En comparación co cuarto trimestre de 2014 diminuíu 4,2 puntos.

No cuarto trimestre de 2015, o 75,5% dos ocupados de entre 16 e 29 anos ten xornada completa. Con respecto ao terceiro trimestre de 2015, diminúe o número de mozos ocupados a xornada completa (un 10%) e o de mozos ocupados a xornada parcial (un 7,8%). Con respecto ao cuarto trimestre de 2014 prodúcese unha suba do 9,2% nos mozos ocupados a xornada completa e unha diminución do 15,2% para os que teñen xornada parcial.

Dos 100.300 asalariados existentes neste trimestre de entre 16 e 29 anos, o 40,5% está vinculado á empresa por medio dun contrato indefinido. O número de mozos con contrato indefinido baixou un 1,2% respecto ao trimestre anterior pero aumentou un 2,3% respecto ao mesmo trimestre do ano anterior. O número de mozos asalariados con contrato temporal diminuíu un 14,7% respecto ao trimestre pasado e un 0,2% respecto ao mesmo período de 2014.

A taxa de temporalidade para o colectivo dos mozos e mozas de entre 16 e 29 anos sitúase no 59,5%, 3,5 puntos por debaixo da rexistrada hai tres meses e medio punto inferior á rexistrada hai un ano.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.