![]() |
A nova Mesa do Congreso |
A sesión constitutiva, cuxo desenvolvemento se regula nos artigos 2 a 4 do Regulamento da Cámara, foi presidida por unha Mesa de Idade formada por María Teresa de Lara, deputada do Partido Popular por Madrid, e as dúas deputadas máis novas, María Such, do PSOE por Valencia, e Nagua Alba, de Podemos por Guipúscoa, como secretarias.
A presidenta da Mesa de Idade declara aberta a sesión e unha das secretarias le o Real Decreto de convocatoria, a lista de deputados electos e os que poden verse afectados por algunha resolución contencioso-electoral pendente.
A continuación iníciase a elección da Mesa do Congreso, formada polo presidente, catro vicepresidentes e catro secretarios. A votación realízase en urna por chamamento, e está regulada no artigo 37 do Regulamento da Cámara.
Cada deputado escribirá un só nome na papeleta, e será elixido presidente o que obteña o apoio da maioría absoluta, 176 deputados. Nesta primeira votación, Patxi López, deputado do PSOE, obtivo 130 votos; Carolina Bescansa, de Podemos, 71; e 149 deputados votaron en branco. Ao non alcanzarse maioría absoluta realizouse unha segunda votación na que López obtivo 130, Bescansa 71, e houbo 148 votos en branco e un nulo.
![]() |
Os deputados do PP de G |
Unha vez proclamado Patxi López como presidente do Congreso, iniciouse a terceira votación, para elgir aos vicepresidentes. A elección dos catro vicepresidentes realízase cunha única votación, na que cada deputado escribe un nome e resultan elixidos, por orde, os que máis votos teñan.
A deputada do PP, Celia Villabos, con 114 votos foi nomeada vicepresidenta primeira; a socialista Micaela Navarro, con 90, será a vicepresidenta segunda; a deputada de Podemos, Gloria Elizo, con 71, sitúase na terceira Vicepresidencia e a parlamentaria do Partido Popular, Rosa Romeu, con 53 sentará na Vicepresidencia cuarta.
Co mesmo sistema foron elixidos os secretarios. A deputada popular Alicia Sánchez Camacho, con 97 ocupa a Secretaría Primeira; os parlamentarios de Cidadáns Ignacio Prendes e Patricia Reyes, con 82 e 78 votos, respectivamente, asumen as Secretarías segunda e terceira; e o deputado de Podemos Marcelo Expósito, con 71, a Secretaría cuarta.
Ao acatar a Constitución os deputados cumpren o terceiro dos requisitos establecidos pola Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (LOREG) e no Regulamento do Congreso, presentar a credencial expedida pola Xunta Electoral correspondente e a declaración de actividades.
O presidente, tras dirixirse á Cámara, declarou constituído o Congreso e levanta a sesión, para despois comunicarllo ao Rei, ao Senado e ao Goberno.
Finalizada a sesión parlamentaria, fixemis unha fotografía os dez deputados dos Pp de G electos en Galicia e logo fun entrevistado pola TVG que emitiu a miña valoración neste video emitido no "Telexornal Serán".
http://www.crtvg.es/informativos/hoxe-foi-dia-de-estrea-para-os-23-deputados-galegos-1731348
Recibirá resposta