Os resultados do 20 D sinalan un mandato claro de que Rajoy encabece o próximo Goberno de España

Hoxe fai nove días que se celebraron as eleccións xerais e o presidente Mariano Rajoy continúa a rolda de contactos políticos.

Onte entrevistouse con Pablo Iglesias e Albert Rivera, líderes de Podemos e Cidadáns. 

O presidente trasladou a ambos a súa convicción de que os resultados das eleccións sinalan o mandato democrático de que sexa el quen encabece o próximo Goberno de España. Así  sucedeu sempre na historia democrática española, aínda con vantaxes inferiores ás que se rexistraron nestes comicios.

Lembremos que  o Partido Popular foi a forza máis votada con case sete puntos de vantaxe, un millón setecentos mil votos de diferenza e máis de 30 escanos con respecto ao segundo partido.  Ademais o  PP foi tamén vencedor en 13 das 17 Comunidades Autónomas e en 39 das 52 circunscricións. 

Estes resultados son a expresión clara e incuestionable da vontade dos españois que, en lóxica democrática, debería supoñer o mandato para a formación de Goberno. 

Ademais, unha ampla maioría de españois apoiaron a formacións políticas que comparten a defensa da orde constitucional, a unidade de España, a soberanía nacional, a igualdade entre os españois, o papel de España na UE e no mundo, e a loita contra o terrorismo.

Por tanto, o próximo Goberno de España ten que ser capaz de ofrecer unha tripla certidumbre aos españois: institucional, económica e sobre o noso papel en Europa. Mariano Rajoy rexeita con rotundidade calquera proposta que supoña a ruptura da soberanía nacional ou da igualdade dos españois. 

O presidente advertiu sobre o risco de que a fragmentación política convértase nun elemento de parálisis ou bloqueo que poida dar ao traste cos avances que tantos esforzos custaron aos españois durante estes anos, e interromper o proceso de crecemento económico e de creación de emprego. 

Por último, Mariano Rajoy reitera a súa disposición para seguir mantendo un proceso de diálogo con xenerosidade, amplitude de miras e coa vista posta no interese xeral de España.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.