Onte pola mañá os candidatos do PP ao Congreso visitamos a comarca de Valdeorras, sendo nosa primeira parada en O Barco de Valdeorras, reuníndonos na sede con Moisés Blanco, Presidente local do PP e outros militantes e simpatizantes.
Alí falamos do desenvolvemento
rural, do sector vitivinícola, do importantísimo sector da lousa e por suposto
das infraestruturas viarias, como a A-76 e a Circunvalación do Barco.
Logo desprazámonos ata a empresa "Castañas Barredo", que desde hai
décadas prepara e comercializa este froito que cada outono é recolleito en
Galicia por unhas 10.000 persoas
Ademais de visitar as instalacións pudiemos constatar como esta comarca
ten na castaña unha das principais actividades para dinamizar a economía rural
e fixar poboación.
Despois desprazámonos ata A Rúa de Valdeorras, onde fomos recibidos polo
presidente local Avelino Garcia Ferradal e un nutrido grupo de militantes e
simpatizantes e percorremos as rúas desta importante Vila. Nesta tarefa fomos
acompañados pola conselleira de infraestruturas Ethel Vázquez.
Pola tarde acompañei ao alcalde de Ourense Jesús Vazquez a unha visita á
parroquia ourensá de Ceboliño, mantendo alí un encontro con veciños, aínda que
debín marchar antes de que finalizase esta reunión para viaxar a O Carballiño.
No auditorio desa vila tivemos un mitin
organizado polo Partido que contou coa presenza do presidente do PP de G,
Alberto Núñez Feijoo, e no tamén interviron o presidente provincial do partido,
Manuel Baltar, o candidato número uno da lista ao Congreso, Miguel Ángel Viso,
e o presidente local da formación, Argimiro Marnotes.
O Carballiño, dixo Manuel Baltar, “ten na emigración unha parte moi importante da súa historia, unha historia chea de relatos duros, difíciles, con protagonistas que merecen todo o noso recoñecemento”. Neste sentido, o presidente dos populares ourensáns avogou por seguir traballando “para que todos os ourensáns que emigraran, especialmente nestes últimos anos, podan ter unha oportunidade para voltar á sua terra”
Mitín O Carballiño |
De oportunidades tamén falou o cabeza de
lista do PP ao Congreso, Miguel Ángel Viso, ao lembrar o potencial que ten O
Carballiño en sectores como o termalismo, “onde sabedes que non só tendes un
gran pasado, senón tamén un prometedor futuro grazas ao labor do noso
presidente provincial desde a Deputación, o que suporá unha fonte de riqueza e
emprego, traballo cualificado ao que poderán optar os nosos mozos, ansiosos de
oportunidades”.
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que o PP é o único
partido que defende a Galicia e España da mala xestión, da ruptura e da
discriminación ante os que nunca din España ou que nunca se lles escoita dicir
Galicia.
Feijóo salientou que os populares acadaron que xiraran as nosas
expectativas cara a certeza dun futuro mellor e garanten que se siga creando
emprego e baixando impostos, recordando así que non se vai repoñer o tributo de
sucesións que tanto custou quitar en Galicia.
Pola contra, sinalou que nin van defender Galicia os que din que non lles
importa nada España; nin van defender o país os que demostran que non lles
preocupa a nosa comunidade; así como tampouco van apoiar aos españois e aos
galegos aqueles que os afundiron hai catro anos.
Por todo isto, para o dirixente do PPdeG só hai un candidato que pode
gobernar coa cabeza posta en toda España pero co corazón en Galicia e ese é
Mariano Rajoy.
Afirmou que recoñecen con humildade que non está todo conseguido e que
aínda quedan cousas por facer e conseguir, ao tempo que lembrou que demostraron
ter capacidade para afrontar os problemas e acadar solucións, podendo presentar
un balance ante outras forzas políticas quen non o teñen ou o esconden por
bochorno.
Así, Feijóo recordou que o Goberno do PP fixo máis do que nunca antes fixo
ningún outro partido por Galicia e que hai un compromiso con esta terra que
permanecerá ata situarnos conectados co resto dos españois en igualdade de
oportunidades.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta