lunes, 7 de diciembre de 2015

Celebrando o XXXVII aniversario da aprobación da Constitución Española de 1978

Celebramos onte no auditorio municipal de Ourense o acto conmemorativo do XXXVII aniversario da aprobación da Constitución Española de 1978.

Unha celebración  que  tivo o seu acto central no Congreso dos Deputados, onde o presidente do Goberno asegurou  que a Constitución "goza dunha saúde moi boa" e supuxo "poñer de acordo a moitísimos españois", nun momento no que "se apostou pola concordia, o diálogo e a tolerancia e díxose, 'imos deixar de mirar ao pasado e miremos cara ao futuro'".

 A Constitución, engadiu , "tróuxonos liberdade, democracia, a garantía dos nosos dereitos individuais e das nosas liberdades e afirmou a unidade da nación española e a soberanía nacional".

Todo iso, destacou Mariano Rajoy, permitiunos "entrar en Europa e no euro" e "coincidiu co momento de maior progreso da historia de España". Hoxe, "temos que seguir traballando para mellorar, pero estamos á cabeza dos países de Europa e do mundo".

No acto de Ourense o subdelegado do Goberno en Roberto Castro, nun brillante discurso, defendeu a vixencia da Carta Magna e lembrou que "fomos exemplo para moitos, fóra das nosas fronteiras, e seguimos a selo, polo noso admirable proceso de transición".
Preguntouse "¿por qué algúns renegan do que tanto lle custou acadar a tantos, que tiveron que antepoñer o interese de todos ao seu propio e lexítimo interese?", á vez que destacou que España é o país "que amamos e do que formamos parte", sin que esto menoscabe "a nosa paixón e pertenza a Galicia, a Ourense ou ao recuncho onde tivemos a sorte de nacer cada un de nós, cada unha de nós, xa sexa aquí ou en calquera parte do Estado".
Neste acto  foron entregados os premios do XXXII Concurso da Constitución. Nesta ocasión os traballos de de os alumnos de Infantil e Primaria versaban en torno ao título tres, capítulo primeiro, "Das Cámaras"

Tamén foron entregadas distincións ao mérito civil a Demetrio Martínez, Teresa Ramos, Pablo Medela, Francisco Rodríguez Vale, José Miranda Balvís e Fernando Santos Ferrer.


E tres distincións especiais que recaeron na congregación de Adoratrices de Ourense, no médico Andrés Villalón e na funcionaria do Estado, María Isabel González. 

Destacar a estupenda  actuación da Banda xuvenil da Escola de Música de Barbadás.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta